Skip to Content

Programas educativos para o noso alumnado

A TVG2 empezará a emitir desde este luns 23 unha programación educativa especial para axudar ao alumnado galego a seguir aprendendo. En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ofrecerá contidos complementarios aos dos entros de ensino. Sen dúbida, un xeito interesante e diferente de aprender.

 

Ademais, RTVE ofrece asemade a partir do 23 de marzo a programación especial Aprendemos en casa, en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional. Esta iniciativa pretende paliar así as dificultades para continuar a súa educación do alumnado sen acceso a internet.

 

 

Novas Informacións do Centro

O Equipo Directivo do IES Faro das Lúas informa que poden comunicar co centro nos números 886159230 e 628917971 para poder consultar todas as dúbidas que vaian xurdindo.

Tamén recordamos que se seguirán empregando as vías de comunicación por Abalar e que o alumnado deberá estar pendente da Aula Virtual do centro. ( Debido a grande utilización desdes días poden darse situacións de sobrecarga na rede)

Tarefas para o alumnado durante o período de suspensión das clases.

O profesorado do Faro das Lúas, cumprindo as instrucións da Consellería de Educación ante a suspensión das clases por mor da pandemia do coronavirus, segue a traballar para que o noso alumnado continúe nas súas casas a súa formación de forma telemática. Premendo na imaxe, podedes consultar as canles para acceder ás tarefas de cada un dos docentes.

Ampliación do prazo de solicitudes de admisión

Por motivo da pandemia COVID-19 e como consecuencia do confinamento obrigatorio decretado polas administracións autonómica e central, a Consellería amplía provisionalmente o prazo de solicitudes de admisión. O prazo finalizará unha semana despois do reinicio das clases.

Ademais, recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Suspensión das clases en toda Galicia

Estimadas familias:

A Xunta de Galicia anunciou esta mañá a suspensión das clases en toda a Comunidade a partir do luns 16 de marzo, durante un período de 14 días. Mañá venres xa non será obrigatoria a asistencia a clase.

O alumnado deberá estar atento a eDixgal (alumnado de 1º e 2º ESO), aula virtual do centro e correo electrónico, así como á nosa páxina web para coñecer as tarefas que lles poida asignar o profesorado.

Informarémolos de calquera outra novidade que se vaia producindo, tanto na nosa web e nas nosas redes sociais como mediante a aplicación Abalar.

 

Un saúdo.

                                                                                                                                                         O equipo directivo

Consellos do SERGAS para previr o Coronavirus COVID-19

Deixámosvos este vídeo do Sergas con consellos para protexernos do Coronavirus.

Distribuir contido


by Dr. Radut