Skip to Content

Celebración do Día Internacional da Muller

Desde o departamento de Lingua galega e literatura en colaboración co EDLG, este ano no Faro das Lúas quixémoslles render unha homenaxe ás mulleres da nosa contorna, AS MULLERES DO MAR E DA TERRA. A idea xurdiu do PDI que quere levar a cabo o centro sobre a figura dun pintor da comarca, Conde Corbal, que xa na súa obra reflectiu as actividades asociadas ás mulleres nesta zona: agricultura, vendima, gandería ou marisqueo. A través dunha exposición fotográfica construída con imaxes acompañadas de breves datos sobre os traballos das nosas nais, avoas, tías, veciñas..., o alumnado deulle visibilidade e voz, pois isto xorde de entrevistas individuais, a mulleres que contribúen e moito á sostibilidade desta zona.

Programa de Ocio en Corentena

O Departamento de Orientación recomenda o PROGRAMA DE OCIO EN CUARENTENA (comunidade de Murcia) con algunhas cousas interesantes  para o alumnado durante este periodo de vacacións.(Premede na imaxe para acceder)

Publicación de notas de 2ª avaliación

Informamos a todas as familias que o venres 3 de abril a partir das 09:00 horas terán as notas dos seus fillos/as pola aplicación AbalarMóbil, de ahí que insistimos na necesidade de instalala nos seus móbiles. Para eso poden consultar as instruccións que xa están publicadas nesta páxina.

Guía para descargar Abalar Móbil

No seguinte arquivo adxunto veñen as instruccións para facer a descarga da aplicación Abalar Móbil.

Intruccións para instalar o servizo de Abalar

Estimadas familias, ante a situación excepcional que estamos a vivir, para poder acceder á información académica dos seus fillos temos unha ferramenta que é Abalar. Temos coñecemento que son varias as familias que non teñen instalada esta aplicación. Por tal motivo, adxuntamos as instrucións para  poder facelo.

Accedendo á páxina da Xunta: edu.xunta.es, poden ver que no recadro da parte superior dereita hai unha serie de contidos que cambian cada certo tempo, deben seleccionar o que pon: servizos dixitais de educativos.

Premen nesta imaxe e seleccionan App de comunicación abalarMóvil para familias, de maneira que accederán a outra páxina (que ten a apariencia que ven na imaxen de abaixo) e alí veñen as instrucións de como facer a descarga no móbil.

Esperamos que estas indicacións lles resulten de utilidade.

Calificacións da 2ª Avaliación.

Estimadas familias, seguindo as intrucións mandadas pola Consellería de Educación, a 2ª avaliación levarase a cabo coas notas correspondentes unicamente ao traballo realizado polo alumnado antes do 13 de marzo. As tarefas realizadas na casa ata agora non son avaliables pero si recomendables para non perder o hábito de traballo.

As notas poderán ser accesibles por Abalar igual que na primeira avaliación.

No tocante á terceira avaliación e como se levará a cabo a impartición de contidos, estamos á espera de novas instrucións por parte da Consellería.

Recordamos que para calquer consulta segue activo o teléfono do centro 886159230.

Moitas grazas pola comprensión e esperamos que tod@s estean ben ao ler esta mensaxe.

 

O Equipo Directivo do IES Faro das Lúas.

Distribuir contido


by Dr. Radut