Mediación

Mediación

 

Protocolo de mediación

Equipo de mediadoras e mediadores

Xogo do EMOTEI

Guardar

PRESENTACIÓN DO SERVICIO MEDIACIÓN (CURSO 2017/18)

Este curso marcharon moitos dos mediadores (os que estaban en 4º de ESO)  para continuar os seus estudos de bacharelato noutros centros. Ó tempo incorporáronse outros chegados o pasado ano ó centro. 

Aínda que hai algún máis dos que aparecen na foto estes son os mediadores que axudarán a mellorar o clima de centro no curso 2017/18. A pasada semana estiveron presentándolles o servizo ós seus compañeiros e entregándolles unhas pulseiras  para que non perdan de vista nunca a posibilidade de resolver conflitos por esta vía pacífica entre compañeiros.

 

XORNADAS DE CONVIVENCIA EN AS SINAS

O pasado 21 de maio, acudimos co alumnaod mediador a unhas xornadas de formación no albergue xuvenil de As Sinas. Alí traballamos e divertimonos, practicando a mediación e aproveitando os momentos de lecer para convivir e mellorar a dinámica do grupo. 

Foi unha experiencia moi satisfactoria tanto para o profesorado que participou como para o alumando. Todos aprendimos de todos.                                         

Podedes ver mais fotos na galería.

                          

III Encontro de centros para unha convivencia positiva

O 17 e 18 de abril mediadores e mediadoras  xunto con profesorado do centro participou no III Encontro de centros para unha convivencia positiva celebrado en Vilagarcía e organizado polo IES Castro Alobre.

     

Publicidade servizo mediación

Aquí tendes a publicidade do servizo de mediación que está exposto polas paredes do noso instituto

 

Borrador protocolo mediación

Nesta ligazón podedes ver o borrador do protocolo de mediación.

 

 

Distribuir contido