Skip to Content

BOLSAS DO MINISTERIO PARA O CURSO 24-25

Xa podes solicitar a bolsa de estudos se vas cursar Bacharelato ou un Grao de FP o próximo curso.

  • Cando podes solicitala? Do 19 de marzo ata o 10 de maio (ás 15:00 horas)

                                Paso 2: Rexístrate

                                Paso 3: Enche o formulario

  • Que requisitos me piden? Preme aquí para consultalos requisitos  académicos e económicos
  • A que me comprometo se me dan unha bolsa de estudos? Consulta aquí cales son as túas obrigas.

 

Se queres solicitala e tes algunha dúbida ou precisas axuda, non dubides en preguntar en Secretaría ou en Orientación.

Accede a toda a información dispoñible na web do Ministerio premendo na imaxe.

 

ALUMNADO SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NA RUTA QUETZAL 2024

Parabéns a Uxía García Vieites, de 4º A por ser seleccionada para a Ruta Quetzal deste verán! Seguro que será unha experiencia inesquecible.

 

Podedes comprobar a listaxe de seleccionad@s na seguinte ligazón (preme na imaxe)

 

VISITA DOS CLUBS DE LECTURA AO SALÓN DO LIBRO

O alumnado que participa nos clubs de lectura tivo ocasión de visitar o Salón do Libro en Pontevedra, que este ano está dedicado á Maxia. A través dunha visita guiada, foron coñecendo as orixinais montaxes e exposicións do Salón. Ademais, houbo tempo de socializar e estreitar lazos.

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "AMA COA LINGUA" 2024

A semana pasada tivo lugar a entrega de premios do concurso de San Valentín "Ama coa lingua". Os gañadores do 1º premio en cada lingua recibiron sendos premios dun lote de agasallos de papelería mais 5 puntos para o Faroviaxa, mentras que os gañadores do 2º premio foron recompensados con 3 puntos para o Faroviaxa.

 

CERTIFICACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO DE 4º ESO

 

Que é a certificación ComDix?

É a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración galega que certifica o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal, social e profesional.

Para que se necesita esta certificación ComDix?

Servirá para demostrarlle a calquera institución, empresario ou persoa o noso nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais.

Como se organiza a acreditación das competencias dixitais do alumnado? 

Na Resolución do 28 de febreiro de 2024 ditanse instrucións para a acreditacón das competencias dixitais do alumnado que cursa ESO e bacharelato no curso 2023/24.

Como se obtén a certificación da competencia dixital?

Preme na icona se tes interese en obter máis información

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut