O 20 de Xuño do curso 2017/2018 os alumnos e alumnas de 3º ESO do noso Instituto participaron no Proxecto Ríos promocionado polo Plan Proxecta da Xunta de Galicia e desenvolvido pola Asociación en defensa da natureza Adega.
Nesta actividade fumos coñecer a fondo un ecosistema fluvial do noso entorno, en concreto o río Armenteira, que pasa moi pretiño de Vilanova. Puidemos estudar as características biolóxicas e físico-químicas deste ecosistema e contamos coas magníficas explicacións de Paco Bañobre que descubriunos un mundo que descoñeciamos. Moitas grazas!!