Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

MEMBROS DO EDLG

 

   Este curso, o EDLG está formado por catro adultos, catro alumnos e alumnas de  4º de ESO e 48 colaboradores de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

Enquisa do EDLG

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScN8jTJfoNKNZnGBsdfCncR1ZzjKYChmrMEwvttWDz_EjwFyw/viewform?usp=sf_link

 

Recursos

  • Digalego

 

https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php

 

  • Dicionario RAG

 

http://academia.gal/dicionario

 

  • Dicionario galego das TIC

 

http://www.digatic.org/

 

  • Tradutor

 

http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPublico/traducir/index

 

  • bUSCatermos

 

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

 

  • Corrector ortográfico en liña

 

http://sli.uvigo.es/corrector/

 

  • Portal das Palabras

 

http://portaldaspalabras.gal/

 

 

 

 

Saída a Padrón

 

 

O xoves 3 de maio, o alumnado de 3º ESO fixemos unha viaxe ata Bastavales e Padrón para coñecer algúns dos lugares máis significativosda biografía e da obra de Rosalía de Castro. Na mesma excursión tivemos a oportunidade de coñecer o Xardín Botánico e a igrexa de Santiago na que se pode visitar o Pedrón ao que, segundo a tradición, estivo amarrada a barca do Apóstolo. Ademais, no noso paseo pola vila, vimos as estatuas de Macías, de Cela e a da propia Rosalía. Alí, no Espolón, xunto á imaxe da autora, recitamos varios poemas como xa fixeramos en Bastavales. Máis tarde, na Casa da Matanza, a nosa compañeira Wisam animouse a cantar “Adiós ríos, adiós fontes”, mentres nós a escoitabamos desde o balcón da Casa-Museo. Foi unha agradable experiencia.

 Se queredes ver máis fotos ide á galería

CONCURSO DE CARTEIS DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

 

CONCURSO DE CARTEIS DE PROMOCIÓN DA

 

LINGUA GALEGA

 

 

 

                                                       Cartel gañador no curso 2017-18

 

Bases:

 

1.-Poderá participar todo o alumnado do centro.

 

2.-Cada participante poderá presentar cantos carteis desexe para promocionar o uso da lingua galega.

 

3.-Os carteis deben combinar imaxes con texto e deben ser inéditos.

 

4.-Os traballos entregaranse a calquera membro do EDLG.

 

5.-O prazo de presentación remata o día 4 de maio de 2018.

 

6.-O fallo do xurado composto polos membros do EDLG será comunicado aos gañadores o día 16 de maio.

 

7.-Os autores dos traballos premiados optarán a unha praza no FAROVIAXA.

 

8.-Por último, os traballos presentados poderán ser utilizados en calquera publicación de carácter académico.

 

 

 

 

 

X Concurso Coca-Cola novos talentos de relato curto

 

O día 9 de marzo Zaida, Jorge, Rubén, Manuel e Laura de 2º da ESO viaxaron ata Vigo para participar na fase provincial da décima edición do Concurso de novos talentos de relato curto de Coca-Cola. Os participantes recibiron un pequeno encerado coa seguinte frase como estímulo: “Profes: un pasaporte ao futuro”. A partir dela tiñan que elaborar en dúas horas o seu relato breve que non podía exceder das catro páxinas. A pesar de ser venres pola tarde e do tempo tan desapracible que ía fóra todos eles fixeron gala da súa creatividade e inspiración. Parabéns rapaces e moita sorte!

 

 

 

 

 

Rosalía sempre viva

 

Este sábado, 10 de marzo, Irina Otero e Pablo Campos de 3º ESO tiñan unha cita na Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei para participar na fase final do IV Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva”. Foi unha final moi competitiva á que concorrían vinte e catro participantes de distintos centros de Galicia e o nivel acadado foi moi alto. Irina elixiu o poema “Mais ve o meu corazón...” e Pablo recitou “Follas novas, risa dáme…” de Rosalía de Castro. Os dous desbordaron sensibilidade. Foi un verdadeiro pracer escoitalos. Parabéns, rapaces!

 

        

 
   

 

Concurso de coplas Entroido

 

O pasado 9 de febreiro, no IES Faro das Lúas, celebramos o Entroido co noso concurso anual de coplas en galego. Son parodias de cancións moi coñecidas con letras sobre o instituto inventadas por nós. Os gañadores foron: 1º PREMIO:

2º ESO B,  2º PREMIO: 3º ESO B,  3º PREMIO: 3º ESO A

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido