Indice da paz
ÍNDICE DE PAZ DE AULA NO IES FARO DAS LÚAS
QUE É?
É un PROXECTO en formato CONCURSO que se puxo en funcionamento no noso Instituto dende o curso 2013-14 e que tivo boa acollida por parte da nosa comunidade educativa.
Baséase no Global peace index, en galego Índice de paz global, que xurde por primeira vez no ano 2007 e que é un indicador que mide o nivel de paz dun país ou rexión. Elaborado polo Institute for Economics and Peace, poderiamos afirmar que é o primeiro estudo en establecer unha clasificación dos países en función da ausencia de violencia.
POR QUE ESTE PROXECTO?
Co global peace index como referente, pareceunos interesante trasladar esa idea á nosa realidade máis próxima que, dentro da entorna educativa, son as aulas. O obxectivo do Proxecto mantén, en definitiva, un fin semellante: servir como baremo que mida o nivel de boa convivencia das nosas aulas, e, en último termo, do noso Instituto.
Pretendemos dar un paso máis adiante na procura destas liñas de consecución:
- Que o noso alumnado se conciencie da necesidade de manter un bo clima de convivencia na aula, pero cunha conciencia grupal.
- Que todos os membros da comunidade educativa recoñezan os beneficios de mellorar a convivencia no Centro a través da valoración de todos os implicados.
COMO E QUEN RECOLLERÁ A INFORMACIÓN?
Empregaremos unha serie de INDICADORES que nos aportarán a información que precisamos.
Esa información recollerase mensualmente e na porta de cada aula haberá un panel onde se sinalará a puntuación acadada.
Na seguinte táboa aparecen os indicadores, as persoas que han de encargarse de revisalos e as puntuacións para cada undeles:
INDICADORES |
Persoa/s encargadas do cómputo |
Valoración |
1. Número de faltas de orde |
Xefatura de estudos |
-10 puntos por cada falta de orde |
2. Faltas de orde por uso do teléfono móbil |
Xefatura de estudos |
-5 puntos por cada falta de orde ( a sumar a maiores ó indicador 1). |
3. Alumnos/as enviados á aula deReflexión |
Orientadora |
-5 puntos por cada alumno/a enviado/a á aula deReflexión |
4. Correccións sen recreo |
Profesor membro do Equipo de Convivencia encargado deste Proxecto |
-5 puntos por cada alumno/a sen recreo (se é un grupo de alumnos dunha clase non se superarán nunca os 30 puntos por recreo) |
- 30 puntos pola clase enteira sen recreo |
||
5. Estado de Convivencia entre alumnos/as |
Valoración 0-10 por parte de cada alumno/a. Mediante a enquisa |
Valoración 0-100 ( % en relación ó nº de alumnos/as/ aula). |
6. Estado de Convivencia valorado polo profesorado |
Valoración 0-10 de cada profesor que imparta clase a todo o grupo. Mediante a enquisa. |
Valoración 0-100 ( % en relación ó nº de profesores que den clase a todo ogrupo |
7. Estado e limpeza da aula
e reciclaxe |
Valoración 0-100 das persoas encargadas da limpeza do Instituto |
Valoración 0-100 |
8. Conflictos resoltos polo servizo de mediación |
Comisión de convivencia |
10 puntos por cada mediación resolta e a cada grupo. |
CANDO COMEZA A FUNCIONAR?
Imos dividir o concurso en dúas fases:
- 1ª FASE: de outubro a febreiro
- 2ª FASE: de marzo a xuño
Serán fases totalmente independentes e así, pechada a 1ª Fase, o cómputo empezará desde cero para a 2ª.
HABERÁ PREMIO PARA O GAÑADOR?
Como haberá dous gañadores, un para a 1ª Fase e outro para a 2ª, haberá tamén dous premios. Tamén pode darse o caso de que o gañador sexa a mesma clase nas dúas ocasións. A comezos de marzo e a finais de xuño, as aulas gañadoras recibirán un diploma acreditativo coa foto da aula e disfrutarán dunha pequena festa na cafetería do Instituto.