Skip to Content

RESULTADO DO SORTEO SOLIDARIO

No día de hoxe realizamos o sorteo de produtos artesanais cuxa

recadación irá destinada a fins solidarias.

 Os números agraciados son os seguintes:

 

    362 - 368 - 374 - 382 - 387

    390 - 392 - 400 - 408 - 425

    428 - 435 - 442 - 466 - 473

 

   Parabéns ás persoas afortunadas!

ABERTA A CONVOCATORIA DAS BOLSAS 23-24 DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Xa se poden solicitar as bolsas do Ministerio para cursar estudos de Bacharelato e de FP.

Para máis información sobre como realizar os trámites da solicitude preme nesta ligazón.

 

 

GAÑADORES DO ÍNDICE DA PAZ NO 1º CUATRIMESTRE

Parabéns a 3º A, gañadores do Índice da Paz do primeiro cuatrimestre (categoría 2º ciclo)!

MARZO, MES DA IGUALDADE

No noso IES aproveitamos a celebración do 8M para adicar o mes a

realizar actividades que poñan o foco na reivindicación da igualdade real

entre homes e mulleres.

 

Para nós todos os días son 8M e marzo é o Mes da Igualdade.

 

Alumnas e alumnos de diferentes cursos acompañaron aos profesores Kito

Parada, Lidia Bermúdez e Andrea Pérez a unha representación teatral no

Auditorio do Grove no marco do Proxecto Mulleres en Acción -

Violencia Zero da Deputación de Pontevedra. As marabillosas Xela

Marx e Elsa Pereira e a súa obra "A tecedora do tempo" mostráronnos,

dende a perspectiva da personaxe mítica de Ariadna, o paso do tempo na

vida das mulleres esquecidas. Unha performance que nos fai reflexionar

sobre o lugar que debemos ocupar na sociedade como personaxes activas

e loitadoras.

 

Tamén contaremos, ao longo do Mes da Igualdade, con varios obradoiros

sobre oficios, historias, testemuñas e proxectos de mulleres senlleiras e

próximas a nós que loitan día a día pola igualdade.

 

Ademais, o venres día 10 recibimos a visita de Esther Buela ao noso

centro. Veciña de Vilanova de Arousa dende fai uns anos, Esther

mostrounos a súa historia a través da súa testemuña. Unha historia de

dor, sacrificio, maltrato, violencia e sobre todo superación. Un

camiño de superación que Esther acompaña a diario con charlas de

divulgación en centros coma o noso, narrando a súa historia para que

alumnas e alumnos de diferentes idades vexan en primeira persoa como se

mostra a violencia dende os seus inicios. 

 

Dende o Faro das Lúas agradecemos infinitamente a Esther a súa

cercanía, humanidade e xenerosidade neste día.

 

 

O 8M e a literatura

 

Biblioteca do Faro das Lúas e o Departamento de Igualdade

presentounos unha mostra dalgunhas das escritoras máis relevantes na

literatura galega e tamén internacional. Dende Xela Arias

ata Virgina Woolf pasando por María Hesse, creamos un recuncho de

lectura onde o noso alumnado pode ver, ler, tocar e falar de todas as obras

presentadas. Esperamos que vos guste!

 

Deixámosvos cun pequeno vídeo-resumo das actividades e coa posibilidade

de descargar todas as fotos premendo nesta ligazón.

 

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓNS PARA O CURSO 23-24

O prazo para a solicitude de admisión no centro é do 1 ao 20 de marzo.

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións

descritas a continuación:

 

 

Opción 1:          

            

Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de

xeito manual no centro:

 

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar

a opción de menú Solicitudes --> Admisión --> Crear.

Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos

necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos

e os criterios alegados e autorizacións.

 

Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear

e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no

centro.

             

 

Opción 2:

 

Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede

Electrónica:


Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder á

aplicación admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con

certificado dixital. Para iso deberá premer na icona verde que se atopa

arriba á dereita.

 

Posteriormente deberá seleccionar a opción de menúSolicitudes -->

Admisión --> Crear”

 

Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos

necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos

e os criterios alegados e autorizacións.

 

Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón

“Confirmar solicitude” e posteriormente, premendo no botón

"Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá

asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro,

sempre que o proceso de sinatura remate correctamente.

 

Deberá achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de

presentar solicitude.

 

 

IMPORTANTE: Deberá achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia,

oanexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS

COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que

pode visualizar e descargar na aplicación).

                                        

 

 Opción 3:

 

Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada

presencialmente no centro.

 

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito

manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos,

cubrilos e presentalos firmados no centro:

 

Impreso de solicitude en galego

 

Impreso de solicitude en castelán

         

PUBLICACIÓN DE CUALIFICACIÓNS

INFORMAMOS ÁS FAMILIAS QUE AS CUALIFICACIÓNS DO ALUMNADO PUBLICARANSE A TRAVÉS DE ABALAR NO DÍA DE HOXE ÁS 15:00 H.

Distribuir contido


by Dr. Radut