Skip to Content

ALUMNADO SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NA RUTA QUETZAL 2024

Parabéns a Uxía García Vieites, de 4º A por ser seleccionada para a Ruta Quetzal deste verán! Seguro que será unha experiencia inesquecible.

 

Podedes comprobar a listaxe de seleccionad@s na seguinte ligazón (preme na imaxe)

 

VISITA DOS CLUBS DE LECTURA AO SALÓN DO LIBRO

O alumnado que participa nos clubs de lectura tivo ocasión de visitar o Salón do Libro en Pontevedra, que este ano está dedicado á Maxia. A través dunha visita guiada, foron coñecendo as orixinais montaxes e exposicións do Salón. Ademais, houbo tempo de socializar e estreitar lazos.

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "AMA COA LINGUA" 2024

A semana pasada tivo lugar a entrega de premios do concurso de San Valentín "Ama coa lingua". Os gañadores do 1º premio en cada lingua recibiron sendos premios dun lote de agasallos de papelería mais 5 puntos para o Faroviaxa, mentras que os gañadores do 2º premio foron recompensados con 3 puntos para o Faroviaxa.

 

CERTIFICACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO DE 4º ESO

 

Que é a certificación ComDix?

É a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración galega que certifica o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal, social e profesional.

Para que se necesita esta certificación ComDix?

Servirá para demostrarlle a calquera institución, empresario ou persoa o noso nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais.

Como se organiza a acreditación das competencias dixitais do alumnado? 

Na Resolución do 28 de febreiro de 2024 ditanse instrucións para a acreditacón das competencias dixitais do alumnado que cursa ESO e bacharelato no curso 2023/24.

Como se obtén a certificación da competencia dixital?

Preme na icona se tes interese en obter máis información

 

 

1° PREMIO DAS COPLAS DE ENTROIDO

A rapazada de 1°C recibiu a súa merecidísima recompensa por gañar o concurso de coplas do Entroido: unha merendola na cafetería que lles preparou Rosa. Ademais, 1° C quedou segunda no concurso de disfraces coa súa recreación da Sociedade da neve. Imaxinación non lles falta aos mozos e mozas desta clase!

Parabéns tamén ao titor, o profe José Antonio!

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

PRAZO DE SOLICITUDES

Do 1 ao 20 de marzo

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1. CUBRIR A SOLICITUDE INFORMATICAMENTE E PRESENTALA ASINADA DE XEITO MANUAL NO CENTRO

  • Entrar na aplicación admisiónalumnado.

  • Seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”.Aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, criterios alegados e autorizacións.

  • Premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2. CUBRIR A SOLICITUDE INFORMATICAMENTE E ASINALA EN SEDE ELECTRÓNICA

  • Acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, premendo na icona verde que se atopa arriba á dereita.

  • Seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”.Aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, criterios alegados e autorizacións

  • Premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente "Firmar e presentar en Sede Electrónica”.

  • Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

  • IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.

3.CUBRIR A SOLICITUDE MANUALMENTE E PRESENTALA ASINADA PRESENCIALMENTE NO CENTRO

  • Descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:

- SOLICITUDE: Galego

- SOLICITUD: Castelán

  • No centro, en horario de 09:00 a 14:00h de luns a venres e os martes de 16:30h a 17:45h

 

*Para información sobre a orde que regula o procedemento preme aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut