Skip to Content

DÍA NON LECTIVO

BONO DEPORTE DA XUNTA 2024

A Xunta de Galicia acaba de sacar o Bono Deporte (120€) para rapaces e rapazas de 6 a 16 anos que estean federados nalgún deporte ou inscritos no programa Xogade. O prazo para descargalo é do 8 de xaneiro ata o 29 de febreiro, e poderá utilizarse nos establecementos adheridos ata o 1 de xullo.

 

Tedes máis información na seguinte web:

https://www.bonodeporte.gal/gl/client

 

Tamén podedes consultalo con Kito, o profe de Educación Física, que vos resolverá calquera dúbida que poidades ter e vos axudará cos trámites.

FELICITACIÓN DE NADAL

PROXECTO COMPETENCIAL 2º ESO

O alumnado de 2º ESO de Proxecto competencial colabora co banco de alimentos de Vilanova de Arousa a través da OMIX do Concello e a súa responsable, Ana Carballa. O proceso deste proxecto foise desenvolvendo en base ás seguintes fases: toma de contacto, selección de produtos, adecuación do orzamento cun estudo de mercado en establecementos da zona, compra definitiva e entrega final.

A MOCIDADE DO FARO PRESENTA AS SÚAS PROPOSTAS AO CONCELLO

Este martes 19 de decembro os mozos e mozas que participaron nos encontros organizados por Arousa Moza achegáronse ata o Concello de Vilanova acompañados polos representantes desta asociación xuvenil. Alí foron recibidos polo alcalde, Gonzalo Durán, que escoitou atentamente as súas propostas para mellorar a oferta de ocio saudable e doutras actividades de interese para a xuventude de Vilanova. Esta iniciativa de Arousa Moza supuxo unha interesante aprendizaxe para os mozos e mozas participantes, xa que non só tiveron a oportunidade de seren escoitados e tidos en conta, senón que ademais puideron empezar a comprender as diferencias entre as distintas administracións públicas.

(Premede aquí para acceder ás fotos e vídeos da actividade)

ENTREVISTA EN "HOY POR HOY AROSA"

Onte 7 de decembro no programa Hoy por Hoy de Radio Arosa Cadena Ser​ emitíuse a entrevista realizada por Montse García aos nosos intrépidos integrantes do Club de Radio. Dende o minuto 57 ata o 01:12:03, Aroa, Rita, Mateo, Adriana, Manuel e Iria contestan ás preguntas de Montse e vannos debullando os seus intereses e inquedanzas, as súas opinións e expectativas para o futuro, incluso os pequenos choques xeracionais no seu día a día. Non vos perdades o broche musical que nos agasalla Adriana para rematar a entrevista!

(Premede aquí para descargar a entrevista en arquivo de audio)

Distribuir contido


by Dr. Radut