Skip to Content

1° PREMIO DAS COPLAS DE ENTROIDO

A rapazada de 1°C recibiu a súa merecidísima recompensa por gañar o concurso de coplas do Entroido: unha merendola na cafetería que lles preparou Rosa. Ademais, 1° C quedou segunda no concurso de disfraces coa súa recreación da Sociedade da neve. Imaxinación non lles falta aos mozos e mozas desta clase!

Parabéns tamén ao titor, o profe José Antonio!

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

PRAZO DE SOLICITUDES

Do 1 ao 20 de marzo

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1. CUBRIR A SOLICITUDE INFORMATICAMENTE E PRESENTALA ASINADA DE XEITO MANUAL NO CENTRO

  • Entrar na aplicación admisiónalumnado.

  • Seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”.Aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, criterios alegados e autorizacións.

  • Premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2. CUBRIR A SOLICITUDE INFORMATICAMENTE E ASINALA EN SEDE ELECTRÓNICA

  • Acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, premendo na icona verde que se atopa arriba á dereita.

  • Seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”.Aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, criterios alegados e autorizacións

  • Premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente "Firmar e presentar en Sede Electrónica”.

  • Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

  • IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.

3.CUBRIR A SOLICITUDE MANUALMENTE E PRESENTALA ASINADA PRESENCIALMENTE NO CENTRO

  • Descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:

- SOLICITUDE: Galego

- SOLICITUD: Castelán

  • No centro, en horario de 09:00 a 14:00h de luns a venres e os martes de 16:30h a 17:45h

 

*Para información sobre a orde que regula o procedemento preme aquí

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O Departamento de Matemáticas convoca de novo aos mellores foógraf@s do instituto. Consultade as bases nos carteis que podedes ver na entrada do noso centro ou ao final deste presentación e animádevos a participar. Haberá premios para as mellores fotos!

SAÍDA ÁS SINAS

 A rapazada de 1º ESO realizou unha saída á praia das Sinas xestionada

polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía- e Física e Química e grazas á

colaboración do Concello de Vilanova, que nos proporcionou o material

necesario.


A actividade consistíu en colaborar coa recollida do lixo nas praias para

intentar facer consciente ao noso alumnado da cantidade de refugallo -

fundamentalmente plásticos - que vertemos ao medio ambiente.


Na aula o alumnado xa traballara esta problemática dos plásticos

axudándose do libro Plasticus maritimus, cedido pola Biblioteca do

centro.

Como podedes apreciar nas fotografías, o alumnado colaborou activamente

recollendo unha boa cantidade de lixo: restos de envases de vidro,

material de cosntrución, restos metálicos... Pero sobre todo, plásticos.

Demasiados plásticos.

 

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

O pasado martes 27 de febreiro, na acolledora Biblioteca do IES A Basella tivo lugar a charla sobre ciberseguridade dirixida ás familias, organizada conxuntamente co centro veciño dentro do Plan Director do Departamento de Orientación e auspiciada por ENAPAS (Escola de Nais e Pais).

Moitísimas grazas a José Manuel Lustres Palmeiro, membro da Garda Civil de Vilagarcía, pola súa cercanía á hora de achegarnos a información e polo seu coñecemento desta temática tan complexa.

 

PRAZAS VACANTES CURSO 2024-2025.

Informamos sobre o número de prazas vacantes no 

centro IES Faro das Lúas de cara ao curso 2024-2025:

 


 

NÚMERO DE PRAZAS VACANTES PARA O PROCESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

 

CURSO

 

 

OFERTA DE PRAZAS NO CENTRO

 

Nº DE PRAZAS VACANTES

1º ESO

60

22

2º ESO

60

6

3º ESO

60

13

4º ESO

60

33

Distribuir contido


by Dr. Radut