Skip to Content

Bolsas e axudas

BOLSAS EUROLINGUA PARA CURSOS DE INGLÉS EN IRLANDA 2024

Aberto o prazo (ata o 21 de abril) para solicitar as bolsas Eurolingua para realizar un curso de inglés en Irlanda. Preme na imaxe para acceder á web onde facer a solicitude e informarte de todos os requisitos. Tamén podes facelo na seguinte ligazón:

                                       becaseurolingua.com

 

Os requisitos para solicitala son, entre outros, ...

  • Ter nacido antes do 31 de decembro de 2009
  • Ter unha media académica igual ou superior a 6 no curso anterior

Descarga aquí os documentos con máis información sobre as bolsas: 

1. Folleto 

2. Estancia en Dublín

3. Estancia en Derry

4. Documento compilatorio dos requisitos

 

BOLSAS DO MINISTERIO PARA O CURSO 24-25

Xa podes solicitar a bolsa de estudos se vas cursar Bacharelato ou un Grao de FP o próximo curso.

  • Cando podes solicitala? Do 19 de marzo ata o 10 de maio (ás 15:00 horas)

                                Paso 2: Rexístrate

                                Paso 3: Enche o formulario

  • Que requisitos me piden? Preme aquí para consultalos requisitos  académicos e económicos
  • A que me comprometo se me dan unha bolsa de estudos? Consulta aquí cales son as túas obrigas.

 

Se queres solicitala e tes algunha dúbida ou precisas axuda, non dubides en preguntar en Secretaría ou en Orientación.

Accede a toda a información dispoñible na web do Ministerio premendo na imaxe.

 

 
 

BECAS AMANCIO ORTEGA 24-25

Abríuse a convocatoria das Bolsas Amancio Ortega para o curso 24-25. O prazo para solicitalas abríuse o día 4 de setembro e remata o 27 de setembro.

Aquí tedes a ligazón á web da Fundación Amancio Ortega, na que poderedes consultar as bases e toda a información necesaria para acceder a estas bolsas para estudar 1º BAC en Canadá e nos Estados Unidos.

 

BOLSAS EUROLINGUA 2023

Últimos días para solicitar as bolsas Eurolingua.

Preme aquí para acceder á información e facer a solicitude: 

ABERTA A CONVOCATORIA DAS BOLSAS 23-24 DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Xa se poden solicitar as bolsas do Ministerio para cursar estudos de Bacharelato e de FP.

Para máis información sobre como realizar os trámites da solicitude preme nesta ligazón.

 

 

"SPRING WEEK". PROGRAMA DA XUNTA PARA PRACTICAR INGLÉS

A Xunta pon en marcha o novo programa de estadías lingüísticas "Spring Week" con 1225 prazas para todos niveis da ESO.

  • O obxectivo é estimular a práctica oral en lingua inglesa, co apoio de profesorado nativo, e fomentar a convivencia.
  • O programa desenvolverase na primavera, do 16 de abril ao 17 de xuño nun centro residencial en Galicia, en réxime de internado de domingo a sábado (as estancias son de 6 días)
  • Os centros poderán solicitar participar na iniciaitiva ata o 17 de outubro
  • Trátase dunha das accións previstas na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030
  • Máis información nesta ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut