Skip to Content

Bolsas e axudas

Bolsas Amancio Ortega

Abríuse a convocatoria das Bolsas Amancio Ortega deste curso 22-23. O prazo para solicitalas abríuse o día 12 de setembro e remata o 11 de outubro.

Aquí tedes a ligazón á web da Fundación Amancio Ortega, na que poderedes consultar as bases e toda a información necesaria para acceder a estas bolsas para estudar 1º BAC en Canadá e nos Estados Unidos.

BECAS DO MINISTERIO e BECAS EUROLINGUA 2022

Este ano adiántase o prazo de solicitude das becas que concede o Ministerio de Educación para os estudos de Bacharelato, FP e outros estudos non universitarios. Poderán solicitarse desde o 30 de marzo ata o 12 de maio.

Só tedes que premer na imaxe para ver toda a información sobre as becas.

Por outra banda, este ano convócanse as becas Eurolingua para cursos de inglés en Irlanda. Entre os requisitos para solicitala están ter nacido antes de 2007 e ter como mínimo unha media de 6 no expediente académico. O prazo de solicitude remata o 13 de abril. Máis información na web de Eurolingua:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut