Skip to Content

REUNIÓN DE SEGUEMENTO NO CONCELLO

O alumnado participante no proxecto auspiciado pola Asociación Arousa Moza acudíu hoxe ao Concello a unha reunión co Alcalde e os concelleiros para coñecer o seguemento das propostas de mellora da vila suxeridas pola mocidade fai uns meses.

ENTREGA DOS PREMIOS DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Parabéns a e Vicky Diz (4ºB), Manuel Noya (4ºB) e Ainhoa Hermida (2ºB), gañadores dos premios ás mellores fotografías matemáticas!

MARCADOR DO ÍNDICE DA PAZ

ADMISIÓN CURSO 2024 - 2025

 

Informamos de que todas as solicitudes de admisión realizadas en 1º ESO para o curso académico 2024 - 2025 foron admitidas.

Pódense consultar de forma online na aplicación Admisión alumnado ou de forma presencial no taboleiro de anuncios do centro.

 

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Hoxe, no Faro das Lúas, festexamos o Día do Libro: na Biblioteca Escolar levamos a cabo “A Festa dos Libros” e realizamos un concurso literario para todo o alumnado que quixera participar. Sorte a todos os participantes!

VISITA A PORTO DE 3º ESO

A rapazada de 3º vén de pasar dous días no Porto! Acompañados por Fátima Rodríguez e Raquel Fernández, do EDLG do noso centro, os viaxeiros viviron unha aventura inesquecible e enriquecedora. Convivencia, inclusión, cultura, lingua, gastronomía, amizade, empatía, ilusión... Cantas experiencias positivas caben nunha viaxe!

Distribuir contido


by Dr. Radut