Skip to Content

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Erros habituais do uso do galego

Certame de relato curto

 

Aló polo mes de febreiro varios alumnos e alumnas do Faro das Lúas participaron no VI Certame de Relato Curto da Fanpa de Pontevedra e cinco deles quedaron finalistas entre os case mil cen participantes desta edición. Parabéns a todos e especialmente a Wisam, Damien, Alba, Victoria e Javier.

 

Este luns, 11 de xuño, celebrouse o acto de entrega de premios no Pazo da Cultura de Pontevedra e alí foron os cinco acompañados polos seus pais e irmáns. O acto incluíu unha homenaxe ao autor Antonio García Teijeiro que lles dedicou unhas palabras de agradecemento e admiración aos participantes e que lles asinou os libros ao final. Tamén puideron gozar da magnífica actuación do coro do IES Xunqueira I e como non, todos recibiron un diploma acreditativo, un libro agasallo da editorial Kalandraka e, o máis importante, un exemplar do libro no que aparecen publicados os seus relatos.

 

Sabemos que xa están pensando no certame do ano que vén, así que ánimo e moita sorte, rapaces!

Máis fotos na galería

 

Enórmic Banda

 

Este ano o acto de presentación da revista Enórmic fíxose no noso instituto o día 6 de xuño. Asistimos ao acto case todos os autores e autoras dos cómics seleccionados nesta edición, case unha vintena de profesores dos distintos centros da comarca do Salnés e todo o alumnado de 1º A do Faro das Lúas. Isabel G. Avión e Mary Rodríguez faláronnos sobre a historia da revista e sobre os cómics deste ano, pero ademais algúns rapaces aproveitaron a ocasión para dicir unhas palabras de agradecemento e para falar das súas experiencias co mundo da banda deseñada. Entre eles, os nosos compañeiros Pablo Campos de 3º de ESO e Ainara Villanueva de 1º.

Máis fotos na galería

 

O MERCADO

 

O venres 1 de xuño os rapaces de 1º visitamos a praza de Vilanova en dúas quendas. Para a nosa sorpresa, estaba moi alegre e engalanada con motivo da celebración do Día Internacional dos Mercados que foi o 26 de maio.

Os praceiros e praceiras portáronse de marabilla con nós, contestándonos a todo o que lles preguntabamos e máis. Grazas a eles cubrimos rapidamente unha ficha na que tiñamos que escribir en galego os nomes dos peixes, verduras e froitas que había á venda ese día. E como traballamos tan rápido, aínda tivemos tempo de comprar algo de “merenda” antes de volver ao instituto.

 

 

 

Día das Letras Galegas

 

Celebramos este día intentando coñecer un pouco máis a María Victoria Moreno a través da lectura pública de varios fragmentos da súa obra. No acto participaron alumnos e alumnas de todos os cursos. Despois da lectura entregáronse os premios aos gañadores dos concursos promovidos polo EDLG no terceiro trimestre: Concurso de carteis do Día das Letras Galegas, X Concurso de carteis de promoción da lingua galega e IV Certame creativo co apoio das TIC.

 Parabéns aos gañadores e gañadoras!

     
   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut