Skip to Content

2º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O Departamento de Matemáticas convoca de novo aos mellores foógraf@s do instituto. Consultade as bases nos carteis que podedes ver na entrada do noso centro ou ao final deste presentación e animádevos a participar. Haberá premios para as mellores fotos!

SAÍDA ÁS SINAS

 A rapazada de 1º ESO realizou unha saída á praia das Sinas xestionada

polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía- e Física e Química e grazas á

colaboración do Concello de Vilanova, que nos proporcionou o material

necesario.


A actividade consistíu en colaborar coa recollida do lixo nas praias para

intentar facer consciente ao noso alumnado da cantidade de refugallo -

fundamentalmente plásticos - que vertemos ao medio ambiente.


Na aula o alumnado xa traballara esta problemática dos plásticos

axudándose do libro Plasticus maritimus, cedido pola Biblioteca do

centro.

Como podedes apreciar nas fotografías, o alumnado colaborou activamente

recollendo unha boa cantidade de lixo: restos de envases de vidro,

material de cosntrución, restos metálicos... Pero sobre todo, plásticos.

Demasiados plásticos.

 

CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE

O pasado martes 27 de febreiro, na acolledora Biblioteca do IES A Basella tivo lugar a charla sobre ciberseguridade dirixida ás familias, organizada conxuntamente co centro veciño dentro do Plan Director do Departamento de Orientación e auspiciada por ENAPAS (Escola de Nais e Pais).

Moitísimas grazas a José Manuel Lustres Palmeiro, membro da Garda Civil de Vilagarcía, pola súa cercanía á hora de achegarnos a información e polo seu coñecemento desta temática tan complexa.

 

PRAZAS VACANTES CURSO 2024-2025.

Informamos sobre o número de prazas vacantes no 

centro IES Faro das Lúas de cara ao curso 2024-2025:

 


 

NÚMERO DE PRAZAS VACANTES PARA O PROCESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

 

CURSO

 

 

OFERTA DE PRAZAS NO CENTRO

 

Nº DE PRAZAS VACANTES

1º ESO

60

22

2º ESO

60

6

3º ESO

60

13

4º ESO

60

33

ROSALÍA E A MÚSICA

Son moitas as artistas galegas que adicaron cancións a Rosalía de Castro, ben musicando os seus versos ou compoñendo letras que nos falan dela. Deixámosvos unha pequena selección de estilos variados. Coñecedes algunha máis?

Día de Rosalía 24

Hoxe celebramos o nacemento da máis grande: Rosalía de Castro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut