Skip to Content

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

A partir do martes 21 de maio e ata o próximo 21 de xuño de 2024, poderanse presentar as solicitudes de axudas para adquirir material escolar.


O alumnado matriculado en centros EDIXGAL no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.


Forma de presentación:


- No centro: cubrindo a solicitude ( anexo I) e o anexo II e presentalos en administración debidamente asinados xunto coa documentación correspondente. Pode descargar os anexos nesta ligazón.


- Na sede electrónica (https://sede.xunta.gal), accedendo ao procedemento ED330B.


Para máis información, pode consultar a orde publicada no DOGA: prema aquí

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

O pasado mércores, véspera do Día das Letras Galegas, celebramos co alumnado a nosa particular "Festa da lingua". Nela, o alumnado do centro leu e entendeu o por que se se celebra este día e quen é a persoa à que se lle adica este ano: Luísa Villalta.
Ao longo da xornada tiveron tempo para coller adhesivos, lambetadas e versos en galego e, ademais, puideron colorear as súas linguas e sacar fotos nun espello onde recoñecerse como galegofalantes orgullos@s da súa lingua!

[Podedes ver nesta ligazón o álbum con todas as fotos da actividade]

Letras Galegas 2024 de Across

PREMIADOS DO ÍNDICE DA PAZ 1º CUADRIMESTRE

Os gañadores do Índice da Paz do 1º cuadrimestre, 3ºB e 1ºB,  gozaron esta mañá das súas recompensas, unha apetitosa merenda servida por Rosa. Ademais, os rapaces e rapazas de 1ºB aproveitaron a ocasión para disfrutar dunha sesión de cine, merecido premio por gañar o concurso de disfraces de Entroido.

3º ESO PRACTICA SURF

Como cada ano, Kito Parada, o profe de Educación Física, está levando ao alumnado a practicar surf. Esta semana os afortunados foron os mozos e mozas de 3º ESO. Polo que se ve nas imaxes, non o puideron pasar mellor!

WELCOME TO SURF CAMP de Across

FRANCOFONÍA 2024

Un ano máis o pobo de Vilanova de Arousa converteuse na sede do Festival da Francofonía, no que participan ano tras ano máis de 20 centros educativos de toda Galiza, entre eles o IES Faro das Lúas. Mozos e mozas contribúen á celebración da lingua francesa a través da música, á vez que comparten uns días de convivencia na nosa vila e nas nosas praias. Parabéns a tod@s @s participantes e un agradecemento especial a Begoña Ferreiro, a nosa profesora de francés, polo seu traballo e esforzo na preparación desta actividade.

[Álbum de fotos nesta ligazón] [Vídeos das cancións aquí]

Francofonía 2024 de Across

EXPOSICIÓN DE MOLÉCULAS

O alumnado de 2º ESO realizou esta exposición de moléculas sinxelas elaboradas por eles mesmos cos coñecementos adquiridos durante este curso. Parabéns polo traballo!

Distribuir contido


by Dr. Radut