Skip to Content

PARABÉNS A MANUEL E A FRAN!

Os nosos compañeiros Manuel Noya e Fran Arenas foron seleccionados para formar parte dun proxecto Erasmus en Rumanía! Despois da súa participacións nos Encontros mozos auspiciados pola asociación Arousa Moza, foronelixidos, xunto con outr@s moz@s de Arousa, para representar á mocidade de Vilanova formando parte deste proxecto Erasmus chamado FYOUFUTURE GROWTH. Así que alá se nos van, a Brasov, Rumanía, xunto con outros mozos e mozas de Italia e Rumanía. Será unha oportunidade fantástica de aprender, coñecer un novo país, facer novos amigos e practicar moooito inglés!
Parabéns, rapaces, e pasádeo en grande! Moitas grazas a @arousamoza pola iniciativa e por contar co alumnado do IES Faro das Lúas.



page | by Dr. Radut