Skip to Content

Calificacións da 2ª Avaliación.

Estimadas familias, seguindo as intrucións mandadas pola Consellería de Educación, a 2ª avaliación levarase a cabo coas notas correspondentes unicamente ao traballo realizado polo alumnado antes do 13 de marzo. As tarefas realizadas na casa ata agora non son avaliables pero si recomendables para non perder o hábito de traballo.

As notas poderán ser accesibles por Abalar igual que na primeira avaliación.

No tocante á terceira avaliación e como se levará a cabo a impartición de contidos, estamos á espera de novas instrucións por parte da Consellería.

Recordamos que para calquer consulta segue activo o teléfono do centro 886159230.

Moitas grazas pola comprensión e esperamos que tod@s estean ben ao ler esta mensaxe.

 

O Equipo Directivo do IES Faro das Lúas.



book | by Dr. Radut