Skip to Content

Charla Comercio seguro e comunicacións

Esta semana o noso alumnado recibiu unha charla moi interesante sobre comercio electrónico seguro, impartida por Ana  María Cores, técnica de comercio da Asociación O Noso Lar de Vilagarcía de Arousa.

Entre outros aspectos durante a mesma, a poñente fixo especial fincapé na necesidade de adoptar medidas de seguridade e protección ante posibles fraudes ou estafas telemáticas como o pharming ou o phishing, así como cales son os dereitos básicos que debe coñecer todo usuario/a do comercio electrónico.

Solicitude de reserva de prazas

Ábrese o prazo de solicitude de reserva de praza nos centros públicos, que será do 1 ao 20 de marzo. Tedes toda a información e axuda na secretaría do centro e tamén no departamento de Orientación. Para acceder á aplicación que xestiona as solicitudes só tedes que premer na imaxe:

Probas de acceso a Ciclos Medios a Superiores

      Ábrese o prazo de inscrición para as probas de acceso a ciclos medios

      e superiores de FP.

      As datas para inscribirse na de ciclos medios serán do 2 ao 13 de marzo

      e as probas celebraranse o 28 de maio.

      Podedes consultar o calendario completo das probas premendo na imaxe.

 

                            Deixámosvos a ligazón á web con toda a información da convocatoria aquí.

 

Entroido 2020 no Faro das Lúas

Un ano máis, o noso alumnado deuno todo para celebrar o entroido. Houbo concurso de ambientacion de aulas e tamén de coplas. Que quen foron os gañadores? Pois a verdade, iso é o de menos (o 1º de premio de ambientación foi para os de 3ºB e o de coplas, para os de 2ºB). O que importa é o que gozaron ideando, organizando, creando, ensaiando, colaborando... Traballando en equipo para que todo saíra ben. Queredes ver todas as fotos? Pois premede na seguinte imaxe:

Ademais, deixámosvos un vídeo de compilación de todas as performances das distintas aulas. Unha pequena mostra da creatividade dos nosos rapaces e rapazas.

Prazas vacantes no IES Faro das Lúas para o curso 2020-2021

Estas son as prazas vacantes no noso centro para o vindeiro curso 2020-2021. Premede na imaxe para acceder ao documento:

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro celébrase un día importante para a lingua, a literatura e en xeral para a cultura galega. Festexamos o día da muller que fixo rexurdir coa súa poesía o noso idioma, dándolle o estatus que perdera durante os Séculos Escuros. Rosalía de Castro é a figura por excelencia do Rexurdimento, este inaugúrase coa publicación de Cantares gallegos (1863), un libro reivindicativo no que a autora pretende defender e prestixiar a nosa lingua e o noso pobo fronte aos que o aldraxan. 

Aínda que esta festa cadrará nas vacacións de Entroido, para renderlle a nosa particular homenaxe, preparamos unha “playlist” con composicións versionadas por distintos artistas e grupos musicais. Esperamos que vos guste!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut