Skip to Content

Clubs de lectura e teatro 2019-2020

Se queres saber máis só tes que premer nas imaxes:


                             

Libros de texto de 3º e 4º de ESO

Adxuntamos a información sobre os libros de texto dos cursos 3 e 4º de ESO. Recordamos que en 1º e2º de ESO non hai libros de texto, posto que utilizan os ultraportátiles do programa EDIXGAL en tódalas materias.

LIBROS DE TEXTO

 

Enquisa alumnado de valoración da biblioteca escolar no curso 2018/19

Co obxectivo de valorar , por parte do alumnado do IEs Faro das Lúas, o servizo da biblioteca, pedímosvos que contestedes ás seguintes preguntas de xeito anónimo:

 

https://forms.gle/eY9QwmezynbGoRPFA

 

Moitas grazas pola vosa colaboración

O equipo da biblioteca

Fondo librose axudas material 2019/20

 

 

FONDO DE LIBROS E AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR

 

 

 

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia publicou no DOG do 20 de maio a Orde que regula o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar.

O prazo de presentación de solicitudes REMATA O 21 DE XUÑO (despois deste día non se recollerá ningunha solicitude). Dende o centro, debido ó volume de solicitudes, recomendamos que as presenten preferiblemente antes do 14 de xuño.

·     

O instituto conta co programa EDIXGAL en 1º e 2º ESO polo que o alumnado que se matricule nestes cursos no 2019-2020 non terá axudas para fondos de libros, pero si axudas de material escolar.

·     

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. Tamén poden presentarse no centro, para o cal estará a vosa disposición na administración do instituto a instancia (que pode solicitar o alumnado).

·     

O alumnado que repita 4º ESO no curso 2019-2020 e non tivese presentado con anterioridade a solicitude, poderá facelo no prazo dun mes dende a formalización da matrícula.

·     

Para a comprobación dos datos da unidade familiar será necesario entregar copia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar, e no seu caso sentenza xudicial de separación  ou divorcio ou certificado de convivencia (expídese no Concello). Indicar que os pais separados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común. 

Grazas pola vosa colaboración.

O equipo directivo

Distribuir contido


by Dr. Radut