Skip to Content

25N. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Este luns, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o noso centro levou a cabo actos conmemorativos e de homenaxe hacia as mulleres vítimas da violencia machista. Recollemos as principais accións neste vídeo. Ogallá que nunca máis fose necesaria esta reivindicación. (Preme aquí para ver as fotos)

Interciénciate en Vilanova

A Semana da Ciencia tivo estes días todo o protagonismo no Faro das Lúas. Alumnado voluntario  de 3º e 4º organizou unha Feira da Ciencia chamada Interciénciate en Vilanova e, exercendo de monitores dos seus compañeiros, foron explicando e amosando os fundamentos científicos que hai detrás de experimentos coma a serpe do faraón, o arco da vella químico, a pasta de dentes para elefantes, a botella que fuma ou o concurso da moeda. Ademais, recibimos a visita dos nosos veciños do IES A Basella, que viñeron coñecer de primeira man o traballo feito no noso instituto.(Preme no cartel para ver as fotos de Interciénciate no Faro das Lúas). Uns días despois, fomos nós a ver os experimentos na Basella (preme aquí para ver as imaxes da nosa visita)

"A adicción ao xogo e aos vídeoxogos, unha ameaza para os nosos adolescentes."

Antonio Rial Boubeta, profesor de Psicoloxía Social na USC e experto nas adiccións dos mozos e mozas, ven de estar no noso centro o pasado xoves 14. Nunha distentida charla, o profesor advertiunos dos grandes riscos que están a correr os adolescentes se adican todo o seu tempo de ocio aos vídeoxogos, a miúdo con contidos violentos. Fai un chamamento á comunidade educativa en xeral para que non banalicemos o consumo de vídeoxogos e de Internet, e para que prestemos atención especial á introdución dos adolescentes no mundo das apostas online.

Magosto 2019

Este martes 12 de novembro celebramos o tradicional Magosto. Houbo xogos e diversión para todos e acompañounos o típico castañeiro coa súa locomotora chea de castañas asadas. O magosto é unha celebración de orixe celta que está moi arraigada na nosa cultura. Continuemos coa tradición!

(Pincha aquí para ver o álbum completo)

Charla de Antonio Rial Boubeta

        O vindeiro xoves 14 de novembro ás 19:30 contaremos coa presenza do prestixioso Profesor   da USC Antonio Rial Boubeta para falarnos dunha problemática moi recente: A adicción aos videoxogos e ás apostas deportivas online. A charla vai dirixida ás familias do noso alumnado e a todas aquelas familias da contorna que estean interesadas en dita temática.

Agardamos a vosa asistencia.

Lectura de Valle Inclán

O noso alumnado de 4ºESO, acompañado do seu profesor de Lingua Catelá e Literatura Manuel Radío, achegouse o pasado 25 de outubro ata a Casa- Museo de Valle Inclán para conmemorar a data do seu nacemento. Xuntos participaron nunha lectura compartida dalgúns dos seus inmortais textos.

(Premede na imaxe para ver o álbum completo)

Distribuir contido


by Dr. Radut