Skip to Content

BECAS E AXUDAS DO MINISTERIO CURSO 2020/2021

Publicouse a convocatoria para solicitar as becas e axudas do Ministerio de Educación e FP.

Para o alumnado de NEAE, o prazo estará aberto ata o 30 de setembro. Preme na imaxe para acceder á web do Ministerio e tramitar a solicitude :

 

Para o alumnado de Bacharelato e FP, o prazo de solicitude remata o 1 de outubro. Preme na imaxe para acceder á web do Ministerio e tramitar a solicitude:

LISTAXES PROVISIONAIS DE AXUDAS DE MATERIAL E FONDO LIBROS CURSO 2020-2021

  • Están publicadas as listaxes provisionais de axuda de material e Fondo de libros para o curso 2020-2021.
  • Reclamación ás listaxes: 13 e 14 de xullo.
  • Listaxes definitivas ara o 14/09/2020.
  • As listaxes pódense consultar no centro en horario de 10 a 13 e na propia aplicación de fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action)

 

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2020-2021

 
LISTAXE DE LIBROS PARA DESCARGAR AQUÍ

DATAS DE MATRÍCULA: DO 1 ao 10 DE XULLO

A matrícula poderá formalizarse en horario de 09:00 a 14:00 na secretaría do centro.

O impreso de matrícula de 1º ESO está dispoñible na secretaría do centro e pódese descargar premendo AQUÍ.

Recordamos que é OBRIGATORIO O USO DA "MASCARILLA" dentro do centro así como respectar as medidas de seguridade.

 

 

 

Calendario do proceso de admisión aos Ciclos de FP

Xa saíu o calendario dos pasos que hai que dar para solicitar praza en algún dos ciclos de FP. Preme na imaxe para velo e descargalo:

Aquel estraño curso de 2020

O EDNG do centro elaborou este vídeo coas interesantes reflexións do noso alumnado acerca deste estraños tempos que nos tocou vivir. Parabéns a todos os alumnos que colaboraron no vídeo, a todo o equipo de Dinamización e en especial á súa coordinadora, María Viturro, polo seu estupendo labor como coordinadora.

Distribuir contido


by Dr. Radut