Skip to Content

25N Día Internacional contra a violencia de xénero

Sempre concienciados e concienciadas contra a violencia de xénero. Lembramos hoxe os actos do curso pasado.

INSTRUCIÓNS DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Informámosvos de que se publicou unha orde na que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Para consultar a orde completa prema no seguinte enlace: pincha aquí

 

Recordamos que o prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 27 de novembro.

As persoas interesadas deberán achegar a solicitude xunto coa documentación que se sinala no artigo 9 da Orde.

Para descargar a solicitude pincha aquí.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS: VIDEOTITORIAIS PARA O ACCESO A EDIXGAL E AULA VIRTUAL

Deixamos aquí os videotitoriais nos que se dan instrucións para acceder ás plataformas de ensino virtual e de videoconferencia do noso centro:

ADIAMENTO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No DOG de hoxe, mércores 28 de outubro, aparece publicada a Resolución do 22 de outubro pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares como consecuencia do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia.

Sentimos a interrupción do proceso e continuaremos informando cando se reanude o mesmo.

 

CONSELLO ESCOLAR

NOTA INFORMATIVA

Este ano procederase á renovación do Consello Escolar. A organización e supervisión do procedemento de eleccións dos membros do Consello Escolar será función da Xunta Electoral. Para constituir a citada Xunta Electoral, o 16 de outubro, ás 11:30 no centro , realizarase un sorteo público no centro. Para velar pola legalidade do mesmo, dúas alumnas do actual Consello Escolar estarán presentes polo que non é preciso que acudan as familias. 

Nos próximos días informaremos ás familias sobre o resto do procedemento.

Un saúdo

 

O Equipo directivo do IES Faro das Lúas 

Distribuir contido


by Dr. Radut