Skip to Content

Intruccións para instalar o servizo de Abalar

Estimadas familias, ante a situación excepcional que estamos a vivir, para poder acceder á información académica dos seus fillos temos unha ferramenta que é Abalar. Temos coñecemento que son varias as familias que non teñen instalada esta aplicación. Por tal motivo, adxuntamos as instrucións para  poder facelo.

Accedendo á páxina da Xunta: edu.xunta.es, poden ver que no recadro da parte superior dereita hai unha serie de contidos que cambian cada certo tempo, deben seleccionar o que pon: servizos dixitais de educativos.

Premen nesta imaxe e seleccionan App de comunicación abalarMóvil para familias, de maneira que accederán a outra páxina (que ten a apariencia que ven na imaxen de abaixo) e alí veñen as instrucións de como facer a descarga no móbil.

Esperamos que estas indicacións lles resulten de utilidade.



book | by Dr. Radut