Infórmate

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 23 de maio ao 23 de xuño de 2017.

Pode consultar toda a información premendo no seguinte enlace

Listaxe definitiva de alumnado admitido no curso 2017/18

LISTAXE

Todas as reservas de praza e solicitudes de admisión foron admitidas.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/2017

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (04 de maio).enlace ao DOG

 Cualificacións provisionais dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/2017.

Bolsas e axudas de carácter xeral e de necesidades específicas de apoio educativo

Resolución definitiva da Secretaría Xeral de Universidades de data 3 de maio de 2017, pola que se conceden as bolsas e axudas de carácter xeral e de necesidades específicas de apoio educativo para estudos non universitarios.

Dita resolución está publicada na páxina web de Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e no taboleiro de anuncios desta Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Coruña.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017

Listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.1 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido no curso 2017/18

Listaxe. Data de publicación: 20 de abril de 2017

Estudantes italianos participan nun programa de intercambio co noso IES.

 Alumnos da rexión italiana de Lombardía estannos a visitar nestes días. Este xoves visitaron o Pazo de Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde, que lles explicou a historia do edificio.

Xornalismo na escola

Hoxe, martes 21 de marzo, o noso Centro sumouse á segunda edición de “Xornalismo na Escola”, una iniciativa do&

AVISO IMPORTANTE ÁS FAMILIAS

 Informamos ás familias que a Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender mañá parte do transporte escolar e as actividades no exterior dos centros educativos en determinadas zonas ( entre as que se atopa o noso Centro), ao agardarse un fenómeno meteorolóxico que acadará os niveis amarelo e laranxa de alerta.

Powered by Drupal - Design by artinet