Infórmate

 

AVISO IMPORTANTE ÁS FAMILIAS

 Informamos ás familias que a Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender mañá parte do transporte escolar e as actividades no exterior dos centros educativos en determinadas zonas ( entre as que se atopa o noso Centro), ao agardarse un fenómeno meteorolóxico que acadará os niveis amarelo e laranxa de alerta.

En concreto, as indicacións serán as seguintes:

 Suspensión do transporte escolar por alerta laranxa entre as 12,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo

Suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos, con seguimento das condicións climáticas, aínda que non se suspende a actividade docente.

Polo tanto haberá clase, pero verase afectado o servizo de transporte escolar na franxa horaria indicada.

 Pódese consultar toda a información no enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21565

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet