Prazo de pre-matrícula Do 01 de xuño ao 14 de xuño.
Prazo de matrícula: Do 23 de xuño ao 07 de xullo. (Ver calendario de matrícula)
Instrucións para realizar a prematrícula e a matrícula
Seguro escolar (pago de taxas)
Impresos de matrícula
2º ESO | 3º ESO | ||
2º BAC |
Segungo a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a
|
|
PROMOCIÓN NA ESO Acadará a promoción o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores. Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes: a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco. b) Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, das materias ou dos ámbitos con avaliación negativa non c) Que o equipo docente considere que as materias ou os ámbitos con avaliación negativa non lle impiden seguir con éxito o curso seguinte. d) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación. e) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica
TITULACIÓN NA ESO Obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados. Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes: a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco. b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competencias establecidas. c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa |
PROMOCIÓN NO BACHARELATO As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción do primeiro ao segundo curso de bacharelato cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. Para estes efectos, só se computarán as materias en que estea matriculada a alumna ou o alumno. As alumnas e os alumnos do primeiro curso de bacharelato que non cumpran as condicións de promoción establecidas deberán matricularse de todas as materias e repetir o curso na súa totalidade. Neste caso, non se manterán as cualificacións das materias do devandito curso que a alumna ou o alumno superase previamente.
TITULACIÓN NO BACHARELATO Para obter o título de bacharel cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato. Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título de bacharel por unha alumna ou un alumno que superase todas as materias agás unha, sempre que se cumpran ademais todas as condicións seguintes: a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias clave e os obxectivos vinculados a ese título.
|
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación (20 de maio) desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).
Pode consultar toda a información no seguinte enlace:
O prazo de solicitude de admisión abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.
CALENDARIO ACCESO 2024 (Resume provisorio)
TITULACIÓNS- Ponderacións para o curso 2024/25
Poderá consultar toda a información, cando estea dispoñible, nos seguintes enlaces:
ABAU ORDINARIA
Convocatoria (Ordinaria e extraordinaria)
Título de bacharelato-instrucións pago de taxas
Importe de taxas (ABAU e bacharelato)
Códigos pago de taxas (título de bacharelato)
Comisións Delegadas
Horario de exames
ABAU EXTRAORDINARIA
Impreso pagamento de taxas ABAU
Título de bacharelato-instrucións pago de taxas
Importe de taxas (ABAU e bacharelato)
Reunida a xunta electoral o mércores 17 de novembro, e recollidas as candidaturas presentadas en tempo e forma, publicamos as candidaturas presentadas e a información sobre o proceso de votación.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |