Reunións entre familias e titores/as
Durante o curso, as reunións individuais entre as familias e os/as titores/as serán preferentemente por teléfono, abalar ou correo electrónico segundo decida a titora ou titor. O correo do profesorado pódese consultar no seguinte enlace:
Procedemento:
Contacte co/a titor/a a través do seu correo electrónico ou por abalamobil para concertar unha cita e acordar a forma da reunión (mensaxería de abalarmóbil, correo, telefónica ou telemática). Nese contacto terá que indicar o motivo da mesma. Recibirá resposta da titora ou do titor para acordar medio a empregar e hora da cita.
1.- Se a conversación vai ser telefónica, vostede recibirá a chamada do/a titor/a no horario acordado.
2.- Se a conversación vai ser por abalarmobil, vostede accederá ao servizo de mensaxería da aplicación e seleccionará ao titor ou titora no horario acordado para comezar a conversa.
3.- Se a comunicación vai ser por correo, vostede recibirá a información solicitada no horario acordado.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |