Iniciar sesión: Acceso

XUNTA

Distribuir contido
Actualizado: hace 10 horas 18 min

Carmen Pomar avoga pola atención á diversidade no marco dunha escola inclusiva

Xov, 27/02/2020 - 17:36
Summary: A conselleira de Educación interveu na apertura do Congreso Mundial Educa 2020 Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta tarde na inauguración da 3ª edición do Congreso Mundial Educa 2020, onde avogou pola atención á diversidade, ligada á potenciación do talento, para avanzar nunha escola inclusiva.

En palabras da conselleira, “a escola inclusiva é unha oportunidade para  todo o alumnado, para o sistema educativo en xeral, e para os docentes, na medida en que contribúe a detectar as fortalezas e as singularidades de cada estudante” e, por tanto, “é a escola a que debe axudar a descubrir, canalizar e potenciar ese talento individual”. Así mesmo, a titular de Educación do Goberno galego defendeu a cultura do esforzo como forma de “progreso persoal” no marco dun clima escolar “ordenado e esixente”.

O 3º Congreso Mundial Educa 2020 reúne en Santiago de Compostela a arredor de 1.000 profesionais relacionados co eido educativo que durante tres días afondan en temas de actualidade como as intelixencias múltiples na aula, a neuroeducación, a educación inclusiva, a disciplina positiva, a xestión de conflitos na aula, ou a neurociencia, entre outros.

CongresosEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesorado

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21

Mér, 26/02/2020 - 13:27
Summary: Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñiblesOs trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado Idioma Gallego

Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no enderezo web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.

Tal como queda reflectido na dita Orde, as solicitudes de admisión poderán presentarse a de xeito telemático a partir do domingo día 1, mentres que de xeito presencial nos centros escolares desde o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “t” e “g”  para o primeiro apelido e “e” e “x” para o segundo.

EscolarizaciónEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de CentrosAlumnadoFamiliasCentros

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021

Mér, 26/02/2020 - 13:00
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución de 26 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013.

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "T" e "G"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "E" e "X".
 

Anuncio principal: Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Educación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoDepartamento: Subdirección Xeral de CentrosColectivo: AlumnadoFamiliasCentros

Carmen Pomar visita o alumnado de FP Dual de carrozaría na Unidad de Vehículos Industriales S.A. (UNVI) de San Cibrao

Mér, 26/02/2020 - 11:12
Summary: Actualmente cursan esta ciclo formativo dual que oferta o IES Universidade Laboral, o primeiro que se implantou na provincia de Ourense, un total de 26 alumnos Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, desprazouse esta mañá ata as instalacións da empresa Unidad de Vehículos Industriales S.A. (UNVI), para visitar o alumnado que cursa o ciclo de Formación Profesional de grao medio Dual de Carrozaría que oferta o IES Universidade Laboral de Ourense, o primeiro ciclo dual que se implantou na provincia de Ourense no curso 2013/14, e que actualmente conta con 26 estudantes matriculados nos tres cursos que están vixentes.  Na visita estivo acompañada pola delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Logo de facer un percorrido pola empresa e coñecer a experiencia de man do propio alumnado, Carmen Pomar puxo en valor as ensinanzas de FP Dual, unha modalidade formativa na que se compaxina a formación académica nas aulas coa formación práctica nas empresas que está tendo moi boa acollida tanto polos estudantes como polo empresariado, e que se traduce nunha alta taxa de empregabilidade dos titulados.

A titular de Educación salientou que esta modalidade formativa -que tamén é tendencia en Europa- é unha das apostas da Consellería para os vindeiros anos e, nesta liña, puxo en marcha o Plan de Dinamización da FP Dual de Galicia que ten entre outros obxectivos, acadar unha maior implicación por parte das empresas, incentivar a matrícula e apostar pola implantación de proxectos no rural.

No caso do ciclo de grao medio Dual de Carrozaría, que se imparte no IES Universidade Laboral de Ourense en colaboración coa empresa UNVI, ten unha duración de tres anos, polo que agora mesmo hai matriculados 8 alumnos que comezaron no 2017/18 e que rematan os seus estudos este ano, 6 alumnos que comezaron no 18/19 e outros 13 que acaban de iniciar este ciclo no presente curso escolar.

Oferta FP Dual na provincia de Ourense

No presente curso escolar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ofertou un total de 113 prazas de FP Dual na provincia de Ourense (51 de grao medio e 62 en grao superior), que se corresponden con 9 ciclos. Isto foi posible grazas á implicación dun total de 23 empresas de distintos sectores como son o da automoción, a hostalaría, a alimentación, os servizos sociais ou a informática.

De feito, como novidade neste curso implantáronse por primeira vez os ciclos de grao medio  de Comercialización de produtos alimentarios no CIFP Portovello (Ourense); o de Coidados Auxiliares de Enfermería  e o de Desenvolvemento de Aplicacións web, ambos no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense); os superiores de Automatización e Robótica Industrial e de Mecatrónica Industrial, no IES Universidade Laboral (Ourense), e o superior de Automatización e Robótica Industrial no IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño).

Audio: Información xeralFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Formación ProfesionalCentrosEmpresas

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Mér, 26/02/2020 - 09:15
Idioma Gallego

Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina webhttp://www.edu.xunta.es/axudasle.

 

File:  Orde do 10 de febreiro de 2020 (DOG) Extracto da Orde do 10 de febreiro de 2020 (DOG)Servizo relacionado: AxudasleTema: Programas e plansAxudasleEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaBacharelatoColectivo: AlumnadoFamiliasCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras

A Consellería de Educación convoca as Olimpíadas de FP, GaliciaSkills 2020

Mar, 25/02/2020 - 11:40
Summary: O campionato desenvolverase no mes de novembro en SilledaO obxectivo é dar unha maior proxección e difusión ás ensinanzas de formación profesional e ás destrezas e competencia que nelas se adquiren Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar  o 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills 2020, a olimpíada autonómica de Formación Profesional da que saíran os representantes galegos nas Spainskills 2021. O obxectivo deste campionato é darlle unha maior proxección e difusión á FP que se imparte na nosa Comunidade Autónoma. Galiciaskills 2020 celebrarase en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no mes de novembro de 2020.

Trátase dun campionato eminentemente práctico que consistirá no desenvolvemento de 30 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. As modalidades de competicións nas que se pode inscribir os centros de FP son as reflectidas no seguinte cadro:

Áreas de actividade

Modalidades de competición

Transporte e loxística

13 Reparación de Carrozaría

 

33 Tecnoloxía do automóbil

 

36 Pintura do automóbil

Construcións e instalacións

15 Fontanería e calefacción

 

18 Instalacións eléctricas

 

22 Pintura e decoración

 

24 Ebanistaría

 

25 Carpintaría

 

37 Xardinaría paisaxística

 

38 Refrixeración e aire acondicionado

Fabricación

04 Mecatrónica

 

05 Deseño mecánico-CAD

 

06-07 Mecanizado

 

10 Soldadura

 

16 Electrónica

 

19 Control industrial

 

23 Robótica móbil

Informática e Comunicacións

09 Solucións de software para empresas

 

17 Desenvolvemento web

 

 

 

 

 

39 Administración de sistemas en rede

 

50 Deseño e animación de xogos 3D

Artes Creativas

28 Floraría

 

31 Tecnoloxía da moda

Servizos

29 Peiteado

 

30 Estética

 

47 Panadaría

 

34 Cociña

 

35 Servizo de restaurante e bar

 

57 Recepción hoteleira

 

41 Coidados auxiliares de enfermaría e atención socio-sanitaria

 

Solicitudes

No certame poden participar as alumnas e alumnos matriculados nos ciclos formativos de formación profesional en centros sostidos con fondos públicos de Galicia,  cunha  idade máxima de 21 anos feitos durante o ano 2020 (coa excepción do skill de Mecatrónica no que os participantes terán como máximo 24 anos feitos neste ano).

Con carácter xeral, cada centro educativo poderá presentar un máximo dun competidor ou equipo por modalidade, excepto nas modalidades de Tecnoloxía da moda, Deseño e animación de xogos 3D, e Pintura e decoración. A participación en cada modalidade de competición será individual salvo nas modalidades de Mecatrónica e Xardinaría paisaxística, nas que participarán en equipo de dúas persoas por centro.

Será o centro quen determine o sistema de selección dos competidores/as. A persoa competidora irá acompañada dun profesor ou profesora do centro, que exercerá a súa titoría e encargarase da súa preparación para a competición. En calquera caso o alumnado participante non poderán ter participado con anterioridade nas Spainskills.

Os centros que queiran presentar alumnado a esta competición deberán remitir a solicitude de inscrición antes do día 31 de marzo de 2020 ao enderezo de correo electrónico sxfp@edu.xunta.es

Premios

Para a avaliación das probas realizadas polos participantes constituirase un xurado que poderá estar composto por representantes das empresas patrocinadoras da competición ou por representantes da industria do sector correspondente e polos titores do alumnado participante na competición.

Haberá dous premios por competición. A persoa que obteña a maior puntuación en cada skill recibirá a medalla de ouro. Este alumnado, xunto cos xefes e as xefas de equipo (profesorado titor), conformarán o equipo galego que representará a Galicia en Spainskills 2021.

A persoa que obteña a seguinte mellor puntuación en cada skill recibirá a medalla de prata e quedará de suplente para competir no campionato nacional no caso de que o participante que obtivo a medalla de ouro non puidese participar.

Todas as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo de ter participado en Galiciaskills 2020. Ademais, o profesorado experto e titor que tome parte na competición recibirá a correspondente certificación de participación na actividade de innovación educativa Galiciaskills 2020, cunha equivalencia de 15 horas de formación permanente do profesorado.

Premios autonómicosFormación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros

Carmen Pomar sitúa o modelo educativo galego como referente para o Estado

Lun, 24/02/2020 - 14:38
Idioma GallegoSummary: A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional reuniuse hoxe coa ministra Isabel CelaáNo encontro coa ministra puxo en valor os resultados do ensino en Galicia, tanto no último informe PISA, como en canto ao abandono educativo temperá, ou como a Comunidade máis inclusiva do Estado

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, mantivo esta mañá un encontro coa ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, no que puxo en valor os resultados educativos en Galicia, tanto no último informe PISA, como en canto ao abandono educativo temperá (que pechou o ano 2019 cunha taxa do 12,6%, o que supuxo reducila á metade nunha década), ou como a Comunidade máis inclusiva do Estado segundo os datos do propio Ministerio. Un sistema educativo “propio e definido, que está demostrando uns resultados moi positivos e que pode servir de referencia a outras partes do Estado nos ámbitos da inclusión ou do plurilingüismo”. Así, Pomar comprometeuse a traballar “en positivo e con lealdade e colaboración institucional” para poñer en marcha as reformas previstas no ámbito educativo

No encontro tamén se abordou o recente anuncio do Ministerio que atinxe á formación docente. Nesta liña, Carmen Pomar lembrou que o Goberno galego defende desde hai tempo un modelo de acceso á profesión docente semellante ao MIR, no que se reforce a formación inicial do profesorado. De feito, Galicia foi pioneira en todo o Estado na creación dun grupo de traballo das Facultades de Ciencias da Educación das tres universidades galegas para analizar as competencias profesionais docentes e deseñar as competencias que os estudantes de Maxisterio deberían adquirir na carreira.

Formación Profesional adaptada ao tecido socioprodutivo

Outro dos aspectos tratados foron os estudos de Formación Profesional, para os cales Galicia considera prioritario avanzar nunha ordenación destas ensinanzas a nivel estatal. Neste senso, a conselleira sinalou a necesidade dunha actualización do actual catálogo de títulos de FP, que dea resposta á realidade socioeconómica actual; así como da flexibilización dos módulos formativos adaptados ao tecido socioprodutivo da comunidade autónoma. 

No caso concreto da Formación Profesional Dual, a conselleira insistiu na urxencia de traballar na articulación dunha regulación específica desta modalidade de FP pola que Galicia está facendo unha forte aposta e que está dando moi bos resultados tanto a nivel académico como laboral. Carmen Pomar avoga por establecer un marco claro e obxectivo de participación empresarial, o que suporía unha maior implicación por parte dos axentes económicos ao tempo que se traduciría nunha mellor formación e cualificación do alumnado.

Outro dos aspectos compartidos coa ministra foi a necesidade da activación, canto antes, dun grupo de traballo entre o Goberno e as CCAA para o deseño dunha proba ABAU que garanta o nivel de esixencia e a igualdade de oportunidades para todo o alumnado independentemente de onde resida.

Así mesmo, a conselleira solicitoulle formalmente á ministra a transferencia das competencias das bolsas e axudas ao estudo, unha reivindicación que xa foi aprobada polo Parlamento de Galicia e que suporía unha mellor e máis áxil xestión administrativa das mesmas.

Pomar avogou tamén por unha “discriminación positiva real” por parte do Goberno central que teña en conta as características climatolóxicas e de dispersión poboacional de Galicia que fan, por exemplo, ter que dispoñer dunhas infraestruturas educativas cunhas características e esixencias construtivas moito máis custosas, ou ser a CCAA co maior número de rutas de transporte escolar de todo o Estado cun gasto da orde de 120 M€/ano tan só neste servizo complementario. 

Información xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Educación convoca as axudas á contratación de investigador distinguido, que permitirá incorporar ata 15 científicos de recoñecido prestixio ao Sistema universitario de Galicia

Sáb, 22/02/2020 - 09:35
Summary: As axudas por contrato -sufragadas integramente polo departamento de Educación- poden acadar os 91.000 euros/ano ou os 71.000 euros/ano por investigador segundo as modalidades de atracción ou de retención; e supoñen un desembolso de 5 millóns de euros por parte da ConselleríaDeste xeito dáselle un novo impulso á carreira investigadora, que arranca co apoio ás etapas formativas iniciais (contratos predoutorais), continúa coa formación posdoutoral e se completa agora cos contratos para investigadores distinguidos cunha traxectoria recoñecida e afianzada Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar o Programa de atracción e retención do talento científico en Galicia mediante a figura de Investigador Distinguido (ID), o que supón o financiamento íntegro da contratación de ata 15 investigadores de recoñecido prestixio por parte do Sistema Universitario Galego (SUG).

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde para pola que se regulan as axudas para a contratación desta categoría coa que a Consellería de Educación busca atraer e reter persoal investigador cunha ampla e recoñecida traxectoria co obxectivo de desenvolver as capacidades de investigación dos centros e das unidades de I+D do SUG.

Este novo programa de axudas -dotado con 5 millóns de euros de orzamento- enmárcase dentro do conxunto de accións de apoio á carreira investigadora desde as etapas formativas iniciais (apoio predoutoral), ata completar a formación posdoutoral ao longo de cinco anos. Agora dáse un chanzo máis cunha nova medida na procura da atracción, incorporación e retención de talento investigador para garantir a excelencia da investigación científica en Galicia.

A contratación desta figura de Investigador Distinguido pode facerse a través de dúas modalidades: a modalidade de atracción e a modalidade de retención.

Modalidade de atracción de talento

No primeiro dos casos, de atracción, búscase atraer investigadores de recoñecido prestixio e incorporalos ao sistema universitario galego. Para iso a Consellería de Educación financiará a contratación de ata un máximo de 10 investigadoras ou investigadores por un período de 4 anos e cun importe por contrato de 91.000 euros/ano.

Para optar a estas axudas, as persoas contratadas polos distintos axentes de investigación deben estar en posesión dun título do grao de doutor, acreditar un mínimo de 4 anos de experiencia posdoutoral (dos cales polo menos 2 deben ser de estadía no estranxeiro) e non ter sido contratados por unha universidade do SUG nos 24 meses anteriores á data límite de presentación de solicitudes.

Modalidade de retención de talento

Na modalidade de retención, o obxectivo é contratar e promocionar o persoal investigador que xa está vinculado ao Sistema Universitario Galego, ben nos campus de especialización ou ben en áreas de coñecemento estratéxicas. Para tal fin a Consellería financiará a contratación de ata 5 persoas, cunha axuda de 71.000 euros/ano por contrato durante un período máximo de 4 anos. Neste caso, os requisitos esixidos son 4 anos de experiencia posdoutoral e contar coa acreditación para a categoría de profesor contratado doutor da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) ou da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG), entre outros.

Pagamento de contratos e gastos asociados

Ademais do pagamento dos contratos, dos custes sociais e complementos a cada entidade beneficiaria por Investigador Distinguido que contrate, a Consellería tamén correrá a cargo dos gastos asociados ao desenvolvemento das liñas de investigación que abranguen o custe da contratación de persoal investigador ou auxiliar de investigación (sempre que non estean vinculados funcionarial ou estatutariamente coa universidade contratante), o pequeno equipamento inventariable e material funxible, o material bibliográfico, a formación do persoal do equipo, as ferramentas de xestión do coñecemento e información (aplicacións informáticas, bases de datos,...) e a organización de actividades de intercambio e difusión científica entre outros

O persoal seleccionado deberá integrarse nalgunha das estruturas de investigación do SUG con axuda vixente, como pode ser un centro de investigación acreditado pola Consellería, unha unidade de excelencia María de Maeztu ou un centro de excelencia Severo Ochoa radicado en Galicia e con acreditación vixente, ou nunha agrupación estratéxica modalidade A no ano 2018.

BolsasUniversidadeConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaAlumnado

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional de interinidades e substitucións para docencia no corpo de PES, especialidade de debuxo, alemán e organización e proxectos de sistemas enerxéticos

Ven, 21/02/2020 - 14:34
Idioma GallegoAnuncio principal: Apertura das listas de interinidades e substitucións no corpo de PES, especialidade de debuxo, alemán e organización e proxectos sistemas enerxéticos; no corpo de PTs de formación profesional, especialidade de cociña e pastelaría e soldadura

Resolución do 21 de febreiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e s bstitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de debuxo (590009), alemán (590012) e organización e proxectos de sistemas enerxéticos (590113).

  • Prazo de reclamacións de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.
     
Servizo relacionado: Listas de substituciónsTema: Programas e plansInterinidades e substituciónsEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaBacharelatoFormación Profesional inicialColectivo: ProfesoradoSección: BoletínPortada de boletín

A conselleira de Educación destaca o compromiso do CEIP da Ramallosa (Teo) co reforzo e mellora das competencias clave

Ven, 21/02/2020 - 11:21
Summary: O centro desenvolve 2 liñas dos contratos-programa centradas neste eidoO colexio foi pioneiro tamén na súa participación no proxecto de libro dixital da Xunta de Galicia, E-Dixgal Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP da Ramallosa, onde compartiu parte da xornada de celebración do Entroido. Deste centro destacou o seu compromiso no reforzo do alumnado que precisa maior apoio e na mellora das competencias clave dos estudantes. Non en balde o centro desenvolve 2 liñas dos contratos-programa neste eido: REFÓRZA-T e Mellora das competencias clave; ambas fundamentais para incrementar o éxito escolar e reducir o abandono temperán.

A liña 1, REFÓRZA-T, ten como obxectivo mellorar o rendemento académico do alumnado con dificultades, por medio do traballo ou apoio organizado fóra do horario lectivo, para o que se dota os centros de profesorado de reforzo. O obxectivo é garantir que este alumnado adquira destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias. Entre outras competencias, refórzanse as destrezas matemática, en ciencia e tecnoloxía e en comunicación lingüística.

No caso da liña 2, de Mellora das competencias clave, (da que o CEIP da Ramallosa desenvolve as modalidades centradas na Matemática e na Ciencia e Tecnoloxía) céntrase en traballar estas competencias co fin de mellorar os resultados e elevar os niveis de éxito escolar. As medidas incluídas nesta desenvólvense dentro do horario lectivo.

Carmen Pomar salientou, así mesmo, que o colexio teense foi pioneiro na súa incorporación –xa no curso 2014/2015, o primeiro de funcionamento do programa–  ao proxecto de libro dixital da Xunta de Galicia, E-Dixgal, a través da que se facilitan ao alumnado, de xeito gratuíto, libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular.

Tamén no marco da Estratexia galega de educación dixital, Edudixital 2020, o CEIP da Ramallosa participa en Introdución á robótica educativa en primaria, un programa de innovación educativa que ten como obxectivo que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción. A través del, o centro recibe da Consellería dotación de material específico, como robots de uso educativo adecuados ás idades do alumnado, ou kits de construción que permitan a realización de diferentes proxectos.

Plans e actuacións en innovación educativa Educación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros

Axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG para o ano 2020

Ven, 21/02/2020 - 09:05
Idioma Gallego

Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. 
     
File:  Orde do 31 de decembro de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 31 de decembro de 2019 (DOG)Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaServizo de Planificación e Estruturación de InvestigaciónColectivo: Alumnado

Carmen Pomar visita a EOI da Coruña, na que arredor de 4.500 persoas cursan estudos de dez linguas distintas

Xov, 20/02/2020 - 18:38
Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta tarde a Escola Oficial de Idiomas da Coruña, onde cursan estudos arredor de 4.400 alumnas e alumnos en dez linguas distintas, que son alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.

Carmen Pomar coñeceu de primeira man os proxectos educativos deste centro, que participa nos programas Club de Lectura e Voluntariado de Bibliotecas. Trátase de dúas iniciativas enmarcadas no Plan Lía de Bibliotecas Escolares impulsada pola Consellería de Educación, a través das cales se traballa desde a biblioteca do centro como espazo para a dinamización da lectura, o fomento da convivencia, a inclusión e a solidariedade entre o conxunto da comunidade educativa.

Así mesmo, este centro está a desenvolver un proxecto de mobilidade do profesorado Eramus+ K1-104, de mediación e actualización en linguas estranxeiras (MEDAL), e dispón dun plan de formación permanente do profesorado sobre Mediación a través do teatro.

Cómpre destacar tamén que a EOI da Coruña conta con seis auxiliares de conversa, 2 en inglés e os outros en alemán, en chinés, en francés e en ruso.

A EOI da Coruña dispón ademais de cinco seccións que dependen dela (as de Arteixo, Carballo, Cee, Culleredo e Melide) que suman outros 1.200 alumnos matriculados.

Información xeralEnsinanzas de idiomas de réxime especialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros

A Consellería de Educación abre a convocatoria para incorporar 75 centros ao proxecto de libro dixital E-Dixgal

Xov, 20/02/2020 - 11:02
Summary: A iniciativa vai dirixida a centros que impartan os dous últimos cursos de Primaria e os dous primeiros de ESO Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia e no Portal Educativo a convocatoria para a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21. Tal e como indica a convocatoria, está prevista a incorporación de 75 centros a esta iniciativa, a través da que se facilitan ao alumnado, de xeito gratuíto, libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º da ESO.

Os centros que se incorporen a este proxecto serán dotados cos medios tecnolóxicos necesarios na aula para profesorado e alumnado. Ademais, terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Xunta e deberán utilizar para o desenvolvemento curricular materiais de referencia dixitais, que poden proceder desta contorna ou ser proporcionados polo centro.

A incorporación ao E-Dixgal en educación primaria implica impartir todas as materias en modalidade dixital; mentres que facelo en ESO supón impartir un mínimo de seis materias, a elección do centro, en modalidade dixital. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos dixitais, poden empregarse como complemento ou apoio.

A convocatoria E-Dixgal diríxese aos centros educativos galegos sostidos con fondos públicos que impartan o próximo curso ensinanzas de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO. Os aspirantes deberán contar con aulas dixitalizadas (cos elementos do kit de aula dixital – EDI, proxector e equipo no posto do/a docente e conexión á rede de datos do centro) en todas as aulas implicadas no programa, así como cunha conexión de datos cunha velocidade nominal mínima de baixada de 100 Mbps.

O prazo para a presentación de candidaturas está aberto ata o 23 de marzo de 2020, incluído. As solicitudes deben dirixirse á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

O proxecto E-Dixgal enmárcase na Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020). Nese curso participan neste proxecto un total de 345 centros, que verán súa permanencia prorrogada no programa a través desta convocatoria.

AbalarPlans e actuacións en innovación educativa Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/2021

Xov, 20/02/2020 - 09:15
Idioma Gallego

Resolución do 11 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21.

  •   O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o día 23 de marzo de 2020, incluído.
     
File:  Resolución do 11 de febreiro de 2020 (DOG) Convocatoria Anexo I editableTema: Programas e plansAbalarEnsinanza: Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaDepartamento: Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do ProfesoradoColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletínInnovación

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2020

Mér, 19/02/2020 - 13:13
Idioma Gallego

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves 20 de febreiro ao xoves 5 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

Tema: Información xeralEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Orientación Profesional e Relación con EmpresasColectivo: ProfesoradoCentrosEmpresas

Carmen Pomar coñece os programas educativos do CEIP Felipe de Castro (Noia)

Mér, 19/02/2020 - 11:00
Summary: O centro participa nos contratos-programa, no E-Dixgal e no Plambe Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Felipe de Castro, na localidade coruñesa de Noia, onde coñeceu de primeira man os programas educativos que está a desenvolver o centro. Na súa visita estivo acompañada polo alcalde, Santiago Freire.

O colexio noiés desenvolve este curso a liña 1 dos contratos-programa, REFÓRZA-T, que ten como finalidade mellorar o rendemento académico do alumnado con dificultades, por medio do traballo ou apoio organizado fóra do horario lectivo, para o que se dota aos centros de profesorado de reforzo. O obxectivo é garantir que este alumnado adquira destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias. Entre outras competencias, reforzaranse as destrezas matemática, en ciencia e tecnoloxía e en comunicación lingüística.

Así mesmo, o centro desenvolve desde o curso 2016/2019 en 5 e 6 de Primaria o proxecto de libro dixital da Xunta de Galicia, E-Dixgal, a través do que o alumnado participante dispón de manuais en soporte electrónico que son de balde para as familias. O CEIP Felipe de Castro está integrado ademais no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Audio: Información xeralEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Mér, 19/02/2020 - 09:10
Idioma Gallego

Orde do 14 de xaneiro de 2020 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
File:  Orde do 14 de xaneiro de 2020 (DOG) Extracto da Orde do 14 de xaneiro de 2020 (DOG)Tema: BolsasProgramas e plansAuxiliares de conversaCentros concertadosEnsinanza: Educación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaDepartamento: Servicio de Ordenación, Convivencia y Participación EducativaColectivo: CentrosSección: Linguas estranxeiras

Máis de 120 rapazas e rapaces participan na fase local da II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos

Mar, 18/02/2020 - 15:51
Summary: A conselleira de Educación participou na entrega dos premios deste certameOs gañadores representarán a Galicia na final nacional desta competición Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na entrega dos premios da fase local da II Olimpíada de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, na que tomaron parte máis de 120 rapazas e rapaces de 2º de ESO de centros educativos de toda Galicia e que se celebrou na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade de Santiago de Compostela. No primeiro e segundo posto quedaron equipos procedentes do Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús (Pontevedra), mentres que no terceiro posto quedou un equipo do IES Terra de Trasancos (Narón). Os primeiros clasificados representarán a Galicia na final nacional desta competición.

Durante a súa intervención a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia felicitou os participantes por tomar parte nesta competición, na que “acabades de probar a vosa mentalidade científica, ordenada e crítica, clave non só neste concurso, senón para desenvolvervos como cidadáns nunha sociedade máis xusta, participativa e libre”. “Por iso apoiamos desde a Consellería este tipo de certames, porque nos permiten descubrir vocacións científicas e, a medio prazo, potencialas para seguir medrando como sociedade do coñecemento.”

Carmen Pomar destacou diante do alumnado que “ter formado parte deste reto é xa un premio” e agradeceu tamén o apoio dos docentes, “que vos acompañan hoxe, e que vos veñen guiando durante todo o camiño. Grazas, docentes, porque vós sodes o piar do sistema educativo”.

Esta Olimpíada, organizada por escolas de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos de diferentes puntos de España, avalía a capacidade de resposta rápida e intuición estrutural de diferentes grupos de estudantes de secundaria traballando en equipo, a súa actitudes diante dos problemas ou a adaptación a medios e ferramentas de traballo limitados.

Tanto a fase nacional como as locais están compostas por probas arredor da enxeñería de construción, de estruturas, hidráulica, gráfica, do transporte de mercancías e a loxística eficiente e dos proxectos asistidos por ordenador. Valórase o seu desenvolvemento no menor tempo posible.

Premios autonómicosEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalAlumnado

A conselleira de Educación destaca a biblioteca do CEIP Canosa-Rus (Coristanco) como un referente

Mar, 18/02/2020 - 13:20
Summary: A conselleira de Educación destaca a biblioteca do CEIP Canosa-Rus (Coristanco) como un referenteO colexio forma parte, entre outros programas do ámbito das bibliotecas escolares, do proxecto Bibliotecas LÍA.2O centro acadou en 2018 un premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas por un proxecto desenvolvido desde a biblioteca escolar Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, destacou hoxe a biblioteca do CEIP Canosa- Rus (Coristanco) como un referente e un exemplo do traballo que pode desenvolver unha pequena comunidade educativa do rural. De feito, a gran actividade que desenvolven neste eido fixo que fose un dos centros escollidos para participar no proxecto Bibliotecas LÍA.2, posto en marcha co fin de explorar as posibilidades de evolución da biblioteca escolar no marco dun dos desafíos do Plan LÍA, o de configurar as bibliotecas escolares como laboratorios creativos de aprendizaxe, espazos para a exploración, a experimentación, a creatividade, o traballo colaborativo e a construción compartida de coñecemento.

Segundo explicou a conselleira, todas as bibliotecas participantes nesta iniciativa están integradas no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE)  e contan cunha boa traxectoria neste programa e con equipos moi comprometidos neste sentido. Trátase de centros, ademais, que impulsan desde a súa biblioteca metodoloxías activas e traballos por proxectos. De feito estas bibliotecas escolares destacan por estimular un cambio metodolóxico no conxunto do centro ao incentivar o uso da mesma como espazo de traballo colaborativo ao servizo de todas as materias e de toda a comunidade escolar.

Ao abeiro de Bibliotecas LÍA.2 os centros reciben apoio para reforzar o traballo que xa están desenvolvendo, así como para modificar os espazos da biblioteca e ampliar os seus equipamentos e recursos. O programa céntrase especialmente en centros coma o Canosa-Rus, do ámbito rural.

Entre outras iniciativas en materia de bibliotecas escolares o CEIP Canosa-Rus participa no programa Biblioteca Creativa, que ten como obxectivo estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe da programación; e en Radio na Biblio (desde a primeira convocatoria, no curso 2017/18), programa a través do que os centros crean laboratorios de radio vinculados á biblioteca escolar que favorecen a formación do alumnado en materia de comunicación e de medios de información, a expresión oral e escrita, a creación, a investigación e o traballo en equipo

Carmen Pomar felicitou ao equipo directivo, docente e de biblioteca do centro por este traballo e recordou que as bibliotecas escolares son o corazón dos centros educativos, desde o que se impulsa o cambio metodolóxico e a través do que se está a conseguir tamén a implicación do conxunto da comunidade escolar mediante programas  como as Mochilas Viaxeiras –materiais diversos da biblioteca escolar que van en préstamo aos fogares–  e outras propostas que fomentan a participación das familias nas actividades educativas.

PDI Lendario

A conselleira recordou, ademais, que este centro recibiu en 2018 un dos premios do Concurso Nacional de Boas Prácticas convocado polo Ministerio de Educación na categoría de Desenvolvemento de Competencias de Lectoescritura , Audiovisuais e Alfabetizacións Múltiples, co proxecto PDI Lendario, desenvolvido desde a biblioteca escolar coa implicación de toda a comunidade educativa.

O proxecto estaba centrado no coñecemento de textos sobre mitos, lendas e contos de diferentes partes do mundo, a través do que puideron afondar na súa orixe e no léxico mitolóxico, así como aprender a valorar e respectar o pasado histórico propio e alleo. A actividade favoreceu o traballo colaborativo na elaboración dos diferentes tipos de materiais (exposicións, carteis...) e fomentou a lectura de diferentes textos e soportes para a obtención de información.

Visita á Laracha

A conselleira aproveitou a súa visita á zona para achegarse ao CEIP Otero Pedrayo (A Laracha), onde se interesou pola participación do centro no Plan Proxecta, en concreto nos programas Centros Activos e Saudables, de fomento destes hábitos; e Nós tamén creamos!, de promoción da lingua galega a través da creatividade e a incorporación das TIC nas aulas, mediante a creación de curtametraxes en galego.

Información xeralBibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros

Educación presenta aos sindicatos a proposta de prazas e especialidades da oferta público de emprego docente de 2020

Mar, 18/02/2020 - 11:02
Summary: Hoxe abordáronse na mesa sectorial todas as prazas agás ás de catedráticos, que se tratarán noutra convocatoria Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional presentoulles hoxe na mesa sectorial do ensino non universitario ás organizacións sindicais as proposta de prazas e especialidades da oferta pública de emprego (OPE) de 2020. Das 3.654 prazas previstas, abordáronse as dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de Formación Profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e de artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño, e de inspectores de educación. As de catedráticos (1.300 prazas) trataranse noutra mesa sectorial, dado que a convocatoria vai por separado ao resto da OPE.

Polo tanto, serían 2.354 prazas en 97 especialidades diferentes, entre as que se inclúe a de portugués, co fin de continuar dando cumprimento á Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía (coñecida como Lei Paz Andrade).

A convocatoria das oposicións publicarase no Diario Oficial de Galicia nas vindeiras semanas.

Por corpos e especialidades, o número de prazas propostas hoxe aos sindicatos na mesa sectorial distribúese do seguinte xeito:

Corpo de mestres. Total: 747 prazas, 8 especialidades

 

Corpo de mestres

Código/especialidade

Reserva persoa con discapacidade

Libre

Total

031

Educación Infantil

10

140

150

032

Lingua Estranxeira: Inglés

6

79

85

033

Lingua Estranxeira: Francés

5

60

65

034

Educación Física

4

56

60

035

Música

3

42

45

036

Pedagoxía Terapéutica

10

140

150

037

Audición e Linguaxe

7

87

94

038

Educación Primaria

7

91

98

Total

52

695

747

 

Corpo de profesores de ensino secundario. Total: 1.041 prazas, 35 especialidades

 

Corpo de profesores de ensino secundario

 

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

 

Libre

 

Total

001

Filosofía

2

23

25

002

Grego

1

5

6

003

Latín

2

25

27

004

Lingua Castelá e Literatura

3

45

48

005

Xeografía e Historia

4

48

52

006

Matemáticas

5

92

97

007

Física e Química

3

42

45

008

Bioloxía e Xeoloxía

2

31

33

009

Debuxo

3

41

44

010

Francés

2

21

23

011

Inglés

1

19

20

015

Portugués

----

4

4

017

Educación Física

1

19

20

018

Orientación Educativa

3

52

55

019

Tecnoloxía

1

11

12

053

Lingua Galega e Literatura

3

48

51

061

Economía

1

19

20

101

Administración de Empresas

1

19

20

102

Análise e Química Industrial

1

4

5

103

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal

1

11

12

105

Formación e Orientación Laboral

2

26

28

106

Hostalaría e Turismo

1

14

15

107

Informática

1

17

18

109

Navegación e Instalacións Mariñas

1

6

7

110

Organización e Xestión Comercial

1

10

11

111

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

1

5

6

112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

1

6

7

113

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

1

7

8

116

Procesos na Industria Alimentaria

1

5

6

117

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

1

8

9

118

Procesos Sanitarios

1

15

16

119

Procesos e Medios de Comunicación

1

8

9

120

Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel

1

5

6

122

Procesos e Produtos en Artes Gráficas

----

3

3

123

Procesos e Produtos en Madeira e Moble

1

12

13

TOTAL

55

726

781

 

 

Acceso do subgrupo A2 ao Subgrupo A1

 

Corpo de profesores de ensino secundario

 

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade A2-A1

 

A2-A1

 

Total

001

Filosofía

1

7

8

002

Grego

----

2

2

003

Latín

1

8

9

004

Lingua Castelá e Literatura

1

15

16

005

Xeografía e Historia

1

16

17

006

Matemáticas

2

31

33

007

Física e Química

1

14

15

008

Bioloxía e Xeoloxía

1

10

11

009

Debuxo

1

14

15

010

Francés

1

6

7

011

Inglés

1

6

7

017

Educación Física

1

6

7

018

Orientación Educativa

1

17

18

019

Tecnoloxía

----

4

4

053

Lingua Galega e Literatura

1

16

17

061

Economía

1

6

7

101

Administración de Empresas

1

6

7

102

Análise e Química Industrial

----

2

2

103

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal

----

4

4

105

Formación e Orientación Laboral

1

8

9

106

Hostalaría e Turismo

----

5

5

107

Informática

1

5

6

109

Navegación e Instalacións Mariñas

----

2

2

110

Organización e Xestión Comercial

----

4

4

111

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

----

2

2

112

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

----

3

3

113

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos

----

3

3

116

Procesos na Industria Alimentaria

----

2

2

117

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos

----

3

3

118

Procesos Sanitarios

----

5

5

119

Procesos e Medios de Comunicación

----

3

3

120

Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel

----

2

2

122

Procesos e Produtos en Artes Gráficas

----

1

1

123

Procesos e Produtos en Madeira e Moble

----

4

4

TOTAL

18

242

260

 

Corpo de profesores técnicos de formación profesional. Total: 363 prazas, 24 especialidades

 

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

 

Libre

 

Total

201

Cociña e Pastelaría

1

17

18

202

Equipamentos Electrónicos

1

27

28

203

Estética

1

13

14

204

Fabricación e Instalación de Carpintería e Moble

1

12

13

205

Instalación e Mantemento de Equipos Térmicos e Fluídos

1

9

10

206

Instalacións Electrotécnicas

1

7

8

208

Laboratorio

1

7

8

209

Mantemento de Vehículos

1

19

20

210

Maquinas, Servizos e Produción

----

4

4

211

Mecanizado e Mantemento de Máquinas

1

7

8

214

Operacións e Equipamentos de Elaboracións de Produtos Alimentarios

1

11

12

216

Operacións de Produción Agraria

1

7

8

217

Patronaxe e Confección

1

12

13

218

Peiteado

1

6

7

219

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

1

7

8

220

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

1

19

20

221

Procesos Comerciais

1

11

12

222

Procesos de Xestión Administrativa

2

26

28

223

Produción de Artes Gráficas

1

13

14

225

Servizos á Comunidade

1

25

26

226

Servizos de Restauración

1

9

10

227

Sistemas e Aplicacións Informáticas

2

36

38

228

Soldadura

1

15

16

229

Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son

1

19

20

TOTAL

25

338

363

 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas. Total: 68 prazas, 4 especialidades

 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

Código/Especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

001

Alemán

----

6

6

011

Inglés

2

22

24

Total

2

28

30

 

 

Acceso do Subgrupo A1 ao A1

 

 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade A1-A1

A1-A1

Total

008

Francés

1

7

8

009

Galego

----

5

5

011

Inglés

2

23

25

Total

3

35

38

 

Corpo de profesores de Música e Artes Escénicas. Total: 85 prazas, 20 especialidades

 

Corpo de profesores de música e artes escénicas

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

401

Acordeón

----

2

2

403

Canto

----

3

3

404

Clarinete

----

5

5

405

Clave

----

2

2

406

Contrabaixo

----

2

2

408

Fagot

----

4

4

412

Fundamentos de Composición

1

5

6

413

Gaita

1

4

5

414

Guitarra

----

4

4

419

Óboe

----

3

3

423

Piano

1

5

6

424

Saxofón

1

3

4

426

Trombón

----

2

2

427

Trompa

----

3

3

429

Tuba

----

4

4

431

Viola

----

4

4

434

Violonchelo

----

3

3

436

Danza Clásica

1

7

8

437

Danza Contemporánea

----

3

3

460

Linguaxe Musical

1

11

12

TOTAL

6

79

85

 

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño. Total: 40 prazas, 6 especialidades

 

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño

Código/especialidade

Reserva para persoas con discapacidade

Libre

Total

507

Debuxo Artístico e Cor

----

3

3

509

Deseño de Interiores

1

7

8

510

Deseño de Moda

----

4

4

512

Deseño Gráfico

1

6

7

515

Fotografía

----

4

4

525

Volume

----

4

4

Total

2

28

30

 

 

Acceso do subgrupo A2 ao subgrupo A1

 

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño

Código/Especialidade

Reserva persoas con discapacidade

A2-A1

Total

507

Debuxo Artístico e de Cor

----

1

1

509

Deseño de Interiores

----

2

2

510

Deseño de Moda

----

1

1

512

Deseño Gráfico

1

2

3

515

Fotografía

---

2

2

525

Volume

----

1

1

Total

1

9

10

 

Corpo de inspectores de educación. Total: 10 prazas

Inspectores de educación

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

001

Inspección Educativa

1

9

10

Información xeralOposiciónsEnsinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de Recursos HumanosProfesorado

Servizos complementarios

Exposicións curso 2019/2020

Últimos Artigos

Rede Conxo-Compostela Sur

Eventos

« Febreiro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829