Infórmate

 

PLAN DIXITAL. ENQUISA SOBRE O USO DE ABALAR MÓBIL

ABALAR MÓBIL é unha ferramenta para a comunicación entre as familias e os centros educativos a través do teléfono móbil. Enmárcase no proxecto Abalar, unha iniciativa de integración das tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa en Galicia.

 A través desta aplicación as familias poden seguir a actividade educativa dos/as fillos/as de forma cómoda e rápida, o que permite aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias.

 Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android . A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise desde Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou desde Play Store (se o sistema operativo é Android).

Cada estudante conta cun perfil propio, o que lle vai a permitir ás familias dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Acceder aos datos persoais

  • Consultar as cualificacións

  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia

  • Consultar as faltas de conduta

  • Solicitar unha cita de titoría

  • Consultar os datos do centro educativo

  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo

  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado

  • Modificar o idioma da aplicación

 No PLAN DIXITAL do IES Eduardo Pondal para o curso 23/24 inclúese o obxectivo de conseguir que a maioría das familias e o profesorado utilice a plataforma ABALAR Móbil para comunicarse no referido á vida académica do alumnado. Dentro das accións a desenvolver para acadar o antedito obxectivo inclúese a elaboración e distribución ás familias dunha enquisa orientada a ter información do uso da aplicación por parte das mesmas e o grao de satisfacción.

 Para obter a información pregamos respondan ao breve cuestionario DISPOÑIBLE no bloque FAMILIAS ubicado no lateral esquerdo da páxina web.

 

 A DIRECCIÓN

 

 

SOLICITUDE DE ORDENADORES DE PRÉSTAMO (2023/24)

Co obxecto de paliar as posibles situacións de risco de fenda social dixital, o centro ofrece en préstamo algúns ordenadores portátiles para o alumnado que non dispoña de medios tecnolóxicos no seu fogar. 

No caso de necesitar un destes ordenadores, por favor cubride o seguinte formulario:

Solicitude de ordenadores de préstamo

LIBROS (1º ESO)

 

  • LICENZA DO LIBRO ELECTRÓNICO (INGLÉS)

Tal e como comentamos na reunión coas familas, aquí tendes a ligazón onde se poderá adquirir a licenza do libro electrónico de Ingles:

https://burlingtonbooks-onlineshop.es/ieseduardopondal80Rm4IiNR/

 

  • SOLICITUDE DE LIBROS (Lingua Galega e Bioloxía e Xeoloxía)

Podedes solicitar neste formulario algún dos exemplares que temos do curso pasado destas materias. Asignaremos un libro por solicitude ata agotar as existencias:

Formulario de solicitude

 

INFORMACIÓN PARA O PROFESORADO DO CADP ASIGNADO AO NOSO CENTRO

Estimadas compañeiras e estimados compañeiros, benvidos ao noso Centro. Unha vez confirmadas as prazas de forma definitiva e para poder contactar con vos, necesitamos que nos enviedes ao correo ies.eduardo.pondal@edu.xunta.gal o voso teléfono e correo de contacto.

Unha aperta e bo verán.

 

Óscar Couto, director do IES Eduardo Pondal

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDOLIBROS

Publicada a listaxe definitiva do fondo solidario de libros, que pode ser consultada mediante a chave 365 na propia aplicación de Fondolibros ou ben no taboleiro do centro en horario de verán.

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDOLIBROS

A listaxe provisional está xa dispoñible tanto na propia aplicación de Fondolibros como no taboleiro do centro.

Lembrade que nesta listaxe provisional so aparece polo de agora o número de libros concedidos a cada alumno/a pero non as materias concretas; a relación de libros concedidos por materia sairá na listaxe definitiva que esperamos publicar a finais da semana que ven.

Powered by Drupal - Design by artinet