Alumnado destinatario
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circuns-tancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Alumnado exento de presentar solicitude
Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para ad-quirir material escolar no curso 2020/21.
Presentación de solicitudes
1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alum-nado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluí-da. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.galEste formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No centro docente.
b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal
Prazo para presentar solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (venres 13 de novembro)
No seguinte enlace pode consultar en detalle toda a información:
CONCURSO FOTOGRÁFICO
“A ESCOLA QUE QUEREMOS”
O tema do concurso é a vida escolar en todas as súas facetas: as clases, o estudo, as actividades culturais e deportivas, as viaxes de estudos ou as estadías noutros institutos por mobilidade tanto nacional coma internacional.
Deste xeito queremos celebrar o día internacional polos dereitos da Infancia ( 20 de Novembro).
PARTICIPANTES, CONDICIÓNS E PRAZOS DE PARTICIPACIÓN
Parabéns á nosa alumna de bacharelato Antía Salas Vega, gañadora do certame de La Voz de Galicia Relatos de Verán co relato "Un mundo sen lágrimas"
Estimadas familias.
Esperamos que tivesen unhas boas vacacións e que todos se atopen ben. Necesitamos coñecer os medios informáticos que os seus fillos teñen á súa disposición na casa por se fose necesario pasar ao ensino online nos próximos meses. Agradecemos que contesten a esta sinxela enquisa. Esperamos e desexamos non atoparnos nese escenario en ningún momento, pero é importante coñecer as necesidades que poderían presentarse ante a situación da pandemia.
Para contestar á enquisa, descarguen o documento, cubran os datos e envíeno á seguinte dirección de correo electrónico:
familias@ieseduardopondal.org
Un cordial saúdo.
A Dirección
protocolo covid (31 de agosto)
O que temos que facer as familias cada mañá
Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínicoepidemiolóxica que se describe no Anexo I, que debe realizarse cada mañá, antes da chegada ao centro. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.
Comunicación de ausencias por sintomatoloxía COVID
No caso de que ao aplicar a enquisa do anexo I, se teña algún dos síntomas, comunicarase ao centro por algún dos seguintes medios:
CORREO E: covid@ieseduardopondal.org
tfno: 881866367
Haberá que indicar nome, apelidos e grupo do alumno ou da alumna.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021 no noso centro.
anexo (plano de accesos e circulación)
O inicio de curso será nas seguintes datas:
23 DE SETEMBRO (08:45-14:25): 1º e 2º de ESO e 1º de BAC
24 DE SETEMBRO (08:45-14:25): 3º de ESO e 2º de BAC
25 DE SETEMBRO (08:45-14:25): 4º de ESO
O día 22 cada familia será informada en abalarmobil do grupo do seu fillo ou da súa filla.
O alumnado accedará ás aulas de referencia segundo os planos publicados no seguinte enlace.
Á primeira hora serán recibidos na aula polo seu titor/a. O resto da xornada lectiva discurrirá segundo o horario de cada grupo.
OS GRUPOS DE ESO SERÁN TODOS PRESENCIAIS.
NO BACHARELATO, CANDO O NÚMERO DE ALUMNADO DUN GRUPO SUPERE OS 25 ALUMNOS/AS, SERÁ SEMIPRESENCIAL COAS SEGUINTES CARACTERÍSTICAS:
HABERÁ SEMPRE 25 ALUMNOS/AS EN CLASE E QUEDARAN EN CASA OS RESTANTES DE FORMA ROTATORIA DIARIA QUE PASO A EXPLICAR CUN EXEMPLO:
Un grupo de bacharelato con 26 alumnos/as. Cada día haberá en clase 25 e un/unha quedará en casa. Así cada alumno/a deixará de asistir ao centro 1 día de cada 25 lectivos.
A DIRECCIÓN
Os libros asignados ao alumnado entregaranse durante os primeiros días de clase.
Sen embargo, se as familias do alumnado de 1º e 2º da ESO queren recollelos antes, poden pasar polo centro o luns 21, de 17:00 a 19:00 h.
É preciso que traian algunha identificación e un bolígrafo que escriba porque terán que poñerlle o nome aos libros. A entrega farase no salón de actos.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |