Infórmate

 

criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial

Alumnado destinatario

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circuns-tancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Alumnado exento de presentar solicitude

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para ad-quirir material escolar no curso 2020/21.

Presentación de solicitudes

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alum-nado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluí-da. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.galEste formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No centro docente.

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (venres 13 de novembro)

No seguinte enlace pode consultar en detalle toda a información:

Información

Powered by Drupal - Design by artinet