Infórmate

 

LIBROS DE TEXTO (2020/21)

Relación dos libros de texto para o curso 2020/21:

ESO

Bacharelato

PROCESO DE ADMISIÓN

Xa están expostas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de admitidos e excluídos.

  A dirección

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO

A devolución dos libros de préstamo do Fondo Solidario farase de xeito escalonado no horario que se indica. O alumnado poderá quedar cos libros das materias que teña suspensas para poder preparar así os exames de setembro, devolvéndoos despois das probas.

Por favor, recordade tamén devolver aqueles libros prestados directamente por algún departamento e os que se teñan da biblioteca. 

Martes 23
1º ESO D - E 9:00 - 10:00
1º ESO F - G 10:00 - 11: 00
2º ESO D - E 11:00 - 12:00
2º ESO F - G 12:00 - 13:00
Xoves 25
3º ESO D 9:00 - 10:00
3º ESO E 10:00 - 11: 00
3º ESO F 11:00 - 12:00
Venres 26
4º ESO D 9:00 - 10:00
4º ESO E 10:00 - 11: 00
4º ESO F 11:00 - 12:00

publicación de notas

As notas de ESO e 1º de bacharelato serán publicadas en Abalar o día 22 de xuño ás 21:00

INCORPORACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BAC

Incorporación voluntaria de alumnado de 2º de BAC  a partir do próximo 25 de maio.

Non poden acudir ao centro os nenos/as con síntomas compatibles co COVID-19 o diagnosticados de COVID19, o que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19. Para isto, as familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Si o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo. 

INFORMACIÓN PARA O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES

22 de maio

Incorporación voluntaria de alumnado de 2º de BAC.

Non poden acudir ao centro os nenos/as con síntomas compatibles co COVID-19 o diagnosticados de COVID19, o que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19. Para isto, as familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Si o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo. 

 

08 de maio

Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O horario de atención será de 09:00 as 14:00 horas.

Novos prazos do proceso:


● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato:
do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

24 de abril

AVISO ÁS FAMILIAS

Para corrixir calquera disfunción que se estea a producir, as familias que detecten que nalgunha materia non se estea  a producir un contacto periódico ou regular co alumnado (envio e recollida de tarefas, realización de probas telemáticas, contacto co alumnado por correo...), nolo faga saber enviando un correo a ies.eduardo.pondal@edu.xunta.es.
No correo terán que indicar nome e curso da alumna ou alumno, materia e unha breve explicación da situación.

23 de abril

Protocolo de atención a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo adaptado ás actuais circunstancias:


Como norma xeral:


1. Cando se envían tarefas con data de entrega límite, o profesorado ten dúas opcións:

-ampliación do prazo de entrega para este alumnado.
-redución do número de tarefas a entregar.

2- Cando se realicen probas telemáticas hai dúas posibilidades:

-ampliación do prazo de realización para este alumnado.
-redución do número de preguntas.
 

 3- Calquera outra medida que considere o profesorado.

AVISO:

Para corrixir calquera disfunción que na aplicación do protocolo se poida producir, as familias con alumnado con Necesidades específicas de apoio educativo(tdah, dislexia....) que consideren que, a partir de agora, nalgunha materia non se está  a seguir o protocolo anteriormente indicado, nolo faga saber enviando un correo a ies.eduardo.pondal@edu.xunta.es.
No correo terán que indicar nome e curso da alumna ou alumno, materia e unha breve explicación do motivo.

22 de abril

Información  estatística:

Valoración do alumnado do proceso de ensino-aprendizaxe  neste período non presencial

 

26 de marzo

Pode consultar toda a información relativa á actual situación (avaliacións, ABAU...) actualizada no seguinte enlace.

 

22 de marzo

O Ministerio de Educación e RTVE lanzan "Aprendemos en casa" para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das clases presenciais. Prema aquí para ver toda a información.

 


 

13 de marzo

O sistema de comunicación e información ás familias será a través desta páxina web.

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 2. INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO

 

O sistema de comunicación do profesorado co alumnado será a través de dúas canles: o correo electrónico corporativo do instituto e a aula virtual. O alumnado deberá estar diariamente pendente desta dúas ferramentas para recibir as propostas de actividades das diferentes materias.

En caso de ter problemas con calquera destas ferramentas, podedes poñervos en contacto co coordinador TIC.

O seu correo é javier.vazquez@ieseduardopondal.org

AVISO URXENTE SOBRE A VIAXE A ÁMSTERDAM

ANTE A RECENTE INFORMACIÓN RECIBIDA RESPECTO DA ACTUAL SITUACIÓN SANITARIA, CONVÓCASE A TODAS AS FAMILIAS DE ALUMNADO QUE ESTÁ ANOTADO Á VIAXE A ÁMSTERDAM A UNHA REUNIÓN URXENTE A CELEBRAR NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO MAÑÁ XOVES ÁS 19:00.

 

A DIRECCIÓN

Rallye científico matemático sen fronteiras 2020

O departamento de matemáticas informa que o vindeiro martes, 10 de marzo, celebrarase a actividade “Rallye científico matemático sen fronteiras 2020” que organiza a asociación matemática igaciencia e na que o seu fillo ou filla vai participar.
 
Esta actividade terá lugar nas instalacións do noso centro, e abrangue dende as tres e media ata as cinco da tarde aproximadamente.
 
A profesora responsable da actividade neste centro é Mª Emilia Díaz González,  profesora de matemáticas do IES Pondal
 
 
Para máis información poden consultar a páxina web http://www.igaciencia.eu/en/taxonomia/rally .
 

Exposición sobre a violencia machista

Un ano máis, por desgraza, temos que dar VOZ ás asasinadas como causa da VIOLENCIA MACHISTA  de man da súa parella, exparella, outros...

Non podemos deixar de facer este tipo de exposicións para seguir visibilizando esta lacra social; debemos ser conscientes de que está aumentando a Violencia dixital través das redes en idades que se corresponden co alumnado .     

MARIÁN ARAÚJO MUIÑOS (Coordinadora Plan de Igualdade)

 

Powered by Drupal - Design by artinet