Infórmate

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (listaxe definitiva)

Publicada a listaxe definitiva do Fondo Solidario de Libros, que pode ser consultada de xeito telemático na propia aplicación Fondolibros ou ben de xeito presencial no taboleiro do noso centro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (listaxe provisional)

Publicada a listaxe provisional do Fondo Solidario de Libros, que pode ser consultada de xeito telemático na propia aplicación Fondolibros ou ben de xeito presencial no taboleiro do noso centro.

LIBROS DE TEXTO (2024/25)

Relación de libros de texto para o curso 2024/25:

ESO

BACHARELATO

 

Atención alumnado de 1º e 2º ESO: no centro dispoñemos dalgúns exemplares dos libros de Bioloxía (1º ESO) e Lingua Galega (1º e 2º ESO). Intentaremos organizar o seu reparto a inicio de curso, polo que recomendamos que non se merquen ata entón.

 

ESTALMAT-Galicia 2024

O día 1 de xuño un total de 9 alumnas e alumnos de 1º de ESO do noso centro participaron na proba de selección dun máximo de 25 estudantes para o Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático que se celebrou na Facultade de Matemáticas da USC, ademais de en outros 3 lugares galegos.

O alumno MGG e as alumnas IQB e NVM foron seleccionados, entre o máximo de 25 alumnos e alumnas elixidos, para participar no programa.

Os alumnos GBC e AOG foron seleccionados entre o máximo de 25 alumnos e alumnas elixidos como suplentes.

Parabéns para todas e todos os participantes e os seleccionados!

Para máis información consultar en https://www.estalmatgalicia.com/

Mellores expedientes de Galicia ABAU 2024

Parabéns aos nosos alumnos e alumnas Marta Blanco, Laura Brea, Hugo Carballal, María Castro, Andrea Costa, Hugo Izquierdo, Inés Landeira, Rubén Mosteiro e Sandra Pita. Todos eles incluídos no grupo dos mellores expedientes de Galicia ABAU 2024! As súas excelentes notas son un reflexo da súa dedicación, esforzo e talento. A comunidade educativa do Pondal está moi orgullosa de vós e de todo o que lograstes. Seguide así, sempre dando o mellor de vós mesmos. Parabéns polo merecido éxito e moita sorte!

Palabra de madera - Parabens (Gallego) - Evyre Scrap

Parabéns a Alejandra Saavedra!

Alejandra Saavedra Duarte, alumna de 2º D de BAC do IES Eduardo Pondal recibiu o 3º premio da IX Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos, na modalidade de grego. Este é un certame organizado pola Facultade de Filoloxía da USC e a sección galega da SEEC (Sociedade Española de Estudos Clásicos) no que participa alumnado de Bacharelato de toda Galicia. Ademais de Alejandra Saavedra, nesta Olimpíada participou Shaila Larrota Acevedo, tamén alumna de 2º D de BAC.

Parabéns a Alejandra Saavedra por este premio, que augura unha boa entrada nos estudios universitarios que quere cursar, filoloxía clásica. Feliz nova etapa!

ABAU. Parabéns ao noso alumnado.

Xa se publicaron as cualificacións da ABAU. Do noso centro presentáronse 56 alumnos/as cun 96% de aprobados/as. Se comparamos os resultados da ABAU cos resultados de bacharelato, vemos que a media da diferencia de cualificacións entre bacharelato e a ABAU non chega a un punto (0,76 ptos).

 

 

 MEDIA ABAU

MEDIA BACHARELATO

Diferencia (ABAU-BAC)

 

7,11

7,81

0,70

No seguinte gráfico podemos observar a correlación entre as notas de bacharelato es as da ABAU:

 

Calendario de exames extraordinarios de bacharelato

Podedes consultar a data e hora dos exames extraordinarios premendo nos seguintes enlaces:

2º BAC

1º BAC

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

Prazo de pre-matrícula  Do 01 de xuño ao 14 de xuño.

Prazo de matrícula: Do 23 de xuño ao 07 de xullo. (Ver calendario de matrícula)

 

Instrucións para realizar a prematrícula e a matrícula

Calendario de matrícula

Documentación a presentar

Seguro escolar (pago de taxas)

Resgardo de matrícula

Impresos de matrícula

 1º ESO

2º  ESO  3º ESO 

 4º ESO

 

 1º BAC

 2º BAC  

Criterios de promoción e titulación para o curso actual (2023/24)

Segungo a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a
avaliación nesa etapa educativa
e a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa
etapa educativa.
os criterios de promoción e titulación en ESO e Bacharelato para o actual ano académico son os seguintes:

 

PROMOCIÓN NA ESO

Acadará a promoción o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores. Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran  tamén todas as condicións seguintes:

 a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, das materias ou dos ámbitos con avaliación negativa non
sexa superior a dez. Para estes efectos, non se considerarán as materias pendentes de cursos anteriores nin as horas de libre disposición.

c) Que o equipo docente considere que as materias ou os ámbitos con avaliación negativa non lle impiden seguir con éxito o curso seguinte.

d) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.

e) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica

TITULACIÓN NA ESO

Obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados. Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competencias establecidas.

c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa

PROMOCIÓN NO BACHARELATO

As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción do primeiro ao segundo curso de bacharelato cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. Para estes efectos, só se computarán as materias en que estea matriculada a alumna ou o alumno.

As alumnas e os alumnos do primeiro curso de bacharelato que non cumpran as condicións de promoción establecidas deberán matricularse de todas as materias e repetir o curso na súa totalidade. Neste caso, non se manterán as cualificacións das materias do devandito curso que a alumna ou o alumno superase previamente.

 

TITULACIÓN NO BACHARELATO

Para obter o título de bacharel cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato. 

Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título de bacharel por unha alumna ou un alumno que superase todas as materias agás unha, sempre que se cumpran ademais todas as condicións seguintes:

a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias clave e os obxectivos vinculados a ese título.


b) Que non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da alumna ou do alumno na materia.


c) Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.


d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que, como mínimo, se requiran para a obtención do título pola modalidade ou vía
pola que se remata sexa igual ou superior a cinco. Para os efectos deste cálculo, considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

 

Powered by Drupal - Design by artinet