Infórmate

 

Matemáticas

OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA 2º ESO Edición 2022

 

Felicitamos a todo o alumnado presentado na fase de Centro realizada no IES Eduardo Pondal o pasado xoves 17 de marzo e presentamos ao alumnado participante na próxima fase olímpica: Brais L., Noa V., Irene G. (mención de honra), Tomé S., Raúl M., Brais N., Victoria G. e Carmen I. A fase de Zona Santiago realizarase o vindeiro xoves 21 de abril. Dende aquí animamos ao noso alumnado olímpico!!

Cuestionario para colaborar cun estudo científico sobre a problemática relacionada co uso masivo de Internet, as redes sociais, adicción aos videoxogos e ás apostas en liña

 

Desde o departamento de Matemáticas estase a colaborar cun estudo científico coordinado por investigadores da Universidade de Vigo sobre a problemática relacionada co uso masivo de Internet, as redes sociais, adicción aos videoxogos e ás apostas en liña, no marco daEstrategia Nacional sobre Adicciones 2017-2024.
Pedirase ao alumnado, de maneira voluntaria, que cubra un breve cuestionario na aula, individual e garantindo o anonimato e confidencialidade, xa que en ningún momento se lles pedirá ningún tipo de dato persoal ou identificativo.
Aquelas familias que desexen non participar no estudo poderán non facelo, e deberán de comunicalo expresamente enviando polo seu fillo/filla titorando/a debidamene cumprimentado o documento seguinte:

documento de rexeitamento

Pódese consultar toda a información premendo no seguinte enlace:

información ás familias

Olimpiada Matemática

Alumnado clasificado para a Olimpiada Matemática: Lucas Budiño Alló (2º ESO-E), Alexandre Lú Meitín (2º ESO-F), Laura Freire Vázquez (2º ESO-F), Marta Pardal Guillán (2º ESO-E), Jorge Ferro Suárez (2º ESO-D). Pasaron á seguinte fase Marta e Lucas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet