Infórmate

 

Actividades extraescolares e complementarias

CONCURSO FOTOGRÁFICO "A ESCOLA QUE QUEREMOS"

CONCURSO FOTOGRÁFICO

“A ESCOLA QUE QUEREMOS”

O tema do concurso é a vida escolar en todas as súas facetas: as clases, o estudo, as actividades culturais e deportivas, as viaxes de estudos ou as estadías noutros institutos por mobilidade tanto nacional coma internacional.

Deste xeito queremos celebrar o día internacional polos dereitos da Infancia ( 20 de Novembro).

 PARTICIPANTES, CONDICIÓNS E PRAZOS DE PARTICIPACIÓN

  • Poderá concursar todo o alumnado que no presente curso académico 2020/21 estea matriculado neste centro.
  • Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías feitas cun teléfono móbil. O traballo fotográfico deberá ser orixinal, inédito e non premiado en ningún concurso nacional ou internacional.
  • As imaxes  presentaranse en formato .jpg, cunha resolución recomendada de 2048 x 1360 píxeles e orientación horizontal. Non se aceptarán fotomontaxes feitos a partires de varias imaxes.
  • Será condición indispensable para que aquelas fotografías nas que apareza algunha persoa identificable(a modo de exemplo, un selfie), poidan participar no  concurso, que estas veñan acompañadas da autorización de dereitos de imaxe correspondente  , quedando polo tanto fora de competición aquelas fotografías que incumpran o dito requisito
  • Non serán aceptadas aquelas imaxes, que poidan inducir a comportamentos perigosos, insultantes, difamatorios, racistas, violentos, xenófobos, publicitarios ou ilegais.
  • Cada unha das imaxes dun concursante estarán identificadas cun mesmo lema e un número correlativo do 1 ao 3 (Lema-1, Lema-2…)
  • Os arquivos coas imaxes serán remitidos por correo electrónico a concurso.fotografia@ieseduardopondal.org  co asunto “Concurso de fotografía”.
  • No  corpo do correo electrónico faranse  constar os datos da/do concursante: nome e apelidos, o lema identificativo, DNI e curso no los que está matriculado.
  •  O prazo de entrega rematará o día 18 de novembro de 2020.

Powered by Drupal - Design by artinet