Infórmate

 

Club de ciencia

Club de ciencia

O Club de Ciencia do IES Eduardo Pondal creouse neste curso 22/23 por un grupo de profesores e profesoras de distintas especialidades co obxectivo de espertar vocacións científicas no alumnado, promover a participación e o interese pola ciencia, concienciar e involucrar ao alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe, desenvolver unha aprendizaxe colaborativa e inclusiva e proporcionar un espazo onde desenvolver a creatividade.

 Este Club debe actuar fora de horario lectivo polo que se levará a cabo algúns mércores en horario de 16:30 a 19:30.

 Informamos que este trimestre o Club de Ciencia actuará os seguintes días:

03/04; 24/04; 15/05; 05/06 e 19/06.

 

Pala hidráulica

Realización dunha pala hidráulica podendo achegarse así aos conceptos de fluidos e adquirindo destrezas no emprego de diversas ferramentas

 

 

 

Proxecto Galiciencia

Un grupo de alumnos do Club de Ciencia prepararon un proxecto para presentar a edición de Galiciencia deste ano. Deseñaron e construiron un dron coa impresora 3D para a detección e medición de monóxido de carbono na atmósfera. O proxecto foi escollido para expoñer na feira e tiveron a oportunidade de disfrutar de dita experiencia.

 

 

 https://www.youtube.com/watch?v=7WOsakgMIC4

 

Visita Galiciencia

Varios alumnos/as do Club de Ciencia participaron nas actividades organizadas por Galiciencia: no Concurso de fotografía e no Desafío científico, concurso organizado en torno a diversos retos. Ademais, o Club de Ciencia puido visitar a feira o día 8 de maio e participar nas actividades e obradoiros organizados alí aquel día.

 

Xogando coa luz

Nesta sesión realizouse un espectroscopio para poder ver os espectros de diferentes tipos de luz. Ademais realizamos diversos experimentos para poder observar os efectos de reflexión e refracción da luz.

 

Crime no laboratorio

O laboratorio de física e química foi escena dun crime. ¿Que ocorreu?

O alumnado do Club de Ciencia, tras a análise de sangue, pegadas, tinta de rotulador, mensaxes ocultas, análise de caligrafía e separación de mesturas resolveu o misterio. Puideron comprobar os resultados no departamento da policía coa análise de ADN e outras achegas á investigación.

 

 

Cromatografía

Na primeira parte da sesión puidemos observar con axuda de laca de uñas e os microscópios os estames de diversas follas. Na segunda parte da sesión realizáronse cromatografías de espinaca e remolacha para observar os distintos pigmentos presentes.

 

Charla divulgativa. Celestino Quintela Sabarís

 

Nesta sesión tivemos a oportunidade de contar coa colaboración de Celestino Quintela Sabarís que dende Borneo, onde está a facer unha estancia como investigador Marie Curie compartiu con nos tanto o seu traballo científico como a súa experiencia persoal.

 

Investigamos as propiedades do solo

Nesta sesión traballamos o solo para coñecer un pouco mais sobre a súa riqueza. Nunha primeira parte realizamos unha serie de actividades para investigar as propiedades do noso solo: visualización dun vídeo sobre as características do solo, visualización microscópica da vida no solo, experimento para comprobar a capacidade de filtración do solo, experimento para comprobar a presencia de materia orgánica no solo e experimento para comprobar as consecuencias do solo queimado.

Nunha segunda parte da sesión realizouse unha sementeira de céspede en distintos medios para comprobar na próxima sesión as consecuencias da contaminación do solo.

Lume de cores e mamba negra

Experimentouse con diferentes sales para observar a emisión de luz de diversas cores, iniciándose no coñecemento dos átomos. Empregáronse bórax e cloruros de sodio, ferro, estroncio, calcio, disoltos en metanol. Empapamos un algodón en cada disolución e despois predémoslle lume, observando chamas vermellas, verdes, azuis, laranxa…

Nunha segunda parte desta sesión, preparáronse pastillas ben compactadas con bicarbonato, azúcar e etanol, ás que posteriormente lles prendemos lume, observando durante a reacción de combustión a formación desa “serpe negra”.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet