Infórmate

 

Club de ciencia

Ciencia no nadal

Esta derradeira sesión do primeiro trimestre dedicámola a ciencia no nadal, onde o alumnado e profesorado do Club de Ciencia construíu un triángulo de Sierpinski con latas reutilizadas onde se deu a coñecer o matemático polaco Waclaw Sierpinski que creou varios obxetos fractales, entre eles o coñecido triángulo de Sierpinski.

Noite de estrelas

O alumnado do Club de Ciencia puido desfrutar dunha noite moi especial coa colaboración do observatorio Ramón María Aller da USC.

A esta actividade ademais do alumnado do Club puideron achegarse as familias, onde se observou Xúpiter, Saturno e a lúa.

Unha actividade con moito éxito que esperamos poder repetir axiña.

 

I Feira da ciencia

Con motivo da Semana da Ciencia 2023 o Club de Ciencia do IES Eduardo Pondal organizou unha feira de ciencia que o alumnado de 1ºESO tivo o privilexio de visitar.

Nesta feira realizáronse experimentos moi diversos dos que podemos destacar a extracción do ADN, simulación de membranas celulares con pompas de xabón, visualización no microscópio, diversas reaccións químicas, determinación do pH con con lombarda, fluorescencia, efecto coanda, punto de equilibrio ou experiencias vistosas relacionadas coa tensión superficial.

 

 

Preparación da feira da ciencia

Comezamos as actividades científicas coa preparación da I Feira de Ciencia do IES Eduardo Pondal, que se levará a cabo en novembro, mes da ciencia en galego.

Os integrantes do Club de Ciencia están a preparar uns stands do mais interesantes para sorprender aos seus compañeiros de 1º ESO.

Sesión scape

Comezamos o Club de Ciencia con unha actividade de benvida onde todos os integrantes puideron traballar xuntos e coñecerse un pouco mais.

Desfrutaron dun Scape Room onde traballaron en equipo para poder entrar neste prestixioso Club de Ciencia do IES Eduardo Pondal.

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet