Infórmate

 

Criterios de promoción e titulación para o curso actual (2022/23)

Segundo a orde do 25 de xaneiro de 2022, o DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e o DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, os criterios de promoción e titulación en ESO e Bacharelato para o actual ano académico son os seguintes:

 

PROMOCIÓN EN 2º DE ESO

Acadará a promoción de segundo para terceiro o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores. Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran  tamén todas as condicións seguintes:

 a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.


b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle per
mite seguir con éxito o curso seguinte.


c) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.


d) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evo
lución académica.

 

PROMOCIÓN EN 1º e 3º DE ESO

Acadará a promoción de primerio a segundo ou de terceiro a cuarto o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores. Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran  tamén todas as condicións seguintes:

 a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b)Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV (DECRETO 156/2022) das materias ou dos ámbitos con avaliación negativa non sexa superior a dez. Para estes efectos non se considerarán as materias pendentes de cursos anteriores nin as horas de libre dis­posición.

c) Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle permite seguir con éxito o curso seguinte.


d) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.


e) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evo
lución académica.

TITULACIÓN NA ESO

Obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados. Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competencias establecidas.

c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa

PROMOCIÓN NO BACHARELATO

As alumnas e os alumnos acadarán a promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando superen as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. Para os efectos deste punto, só se computarán as materias que como mínimo a alumna ou o alumno deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que as alumnas e os alumnos poidan cursar máis materias do devandito bloque.  

TITULACIÓN NO BACHARELATO

Para obter o título de bacharel cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato. 

Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título de bacharel por unha alumna ou un alumno que superase todas as materias agás unha, sempre que se cumpran ademais todas as condicións seguintes:

a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias e os obxectivos vinculados a ese título.

b) Que non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da alumna ou do alumno na materia.

c) Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.

d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que como mínimo se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que se remata sexa igual ou superior a cinco. Neste caso, para os efectos do cálculo considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

 

Powered by Drupal - Design by artinet