Pódese consultar xa a listaxe definitiva de libros adxudicados en Fondolibros.
Esta consulta pódese facer no centro ou ben coa Chave365 do/a solicitante directamente na aplicación Fondolibros.
Orientación ás familias para a volta ás aulas
GUÍA PARA A VOLTA ÁS AULAS DE FORMA SEGURA
TÉCNICA DE LAVADO DE MANS CON AUGA E XABÓN
TÉCNICA DE LAVADO DE MANS CON SOLUCIÓNS ALCOHÓLICAS
Estimadas familias.
En primeiro lugar, quero pedir disculpas pola falta de información sobre as datas e organización do comezo de curso. Sabemos que dita falta de información crea incertidume e graves problemas para a organización das propias familias. Desgraciadamente, a día de hoxe non podemos informar sobre as datas de comezo das clases. Tan pronto a Consellería nos comunique a información necesaria para poder organizarnos (número de grupos, profesorado dispoñible, presencialidade ou semipresencialidade....), faremos pública a data exacta de comezo das clases así como o plan de inicio de curso.
Esperamos a vosa comprensión ante esta situación que en ningún caso foi provocada polo propio centro senon por razóns alleas a nos.
Xa están expostas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de admitidos e excluídos.
A dirección
A devolución dos libros de préstamo do Fondo Solidario farase de xeito escalonado no horario que se indica. O alumnado poderá quedar cos libros das materias que teña suspensas para poder preparar así os exames de setembro, devolvéndoos despois das probas.
Por favor, recordade tamén devolver aqueles libros prestados directamente por algún departamento e os que se teñan da biblioteca.
Martes 23 | |
1º ESO D - E | 9:00 - 10:00 |
1º ESO F - G | 10:00 - 11: 00 |
2º ESO D - E | 11:00 - 12:00 |
2º ESO F - G | 12:00 - 13:00 |
Xoves 25 | |
3º ESO D | 9:00 - 10:00 |
3º ESO E | 10:00 - 11: 00 |
3º ESO F | 11:00 - 12:00 |
Venres 26 | |
4º ESO D | 9:00 - 10:00 |
4º ESO E | 10:00 - 11: 00 |
4º ESO F | 11:00 - 12:00 |
As notas de ESO e 1º de bacharelato serán publicadas en Abalar o día 22 de xuño ás 21:00
Incorporación voluntaria de alumnado de 2º de BAC a partir do próximo 25 de maio.
Non poden acudir ao centro os nenos/as con síntomas compatibles co COVID-19 o diagnosticados de COVID19, o que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19. Para isto, as familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Si o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo.
22 de maio
Incorporación voluntaria de alumnado de 2º de BAC.
Non poden acudir ao centro os nenos/as con síntomas compatibles co COVID-19 o diagnosticados de COVID19, o que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter tido contacto con algunha persoa con síntomas o diagnosticado de COVID-19. Para isto, as familias vixiarán o estado de saúde e realizarán toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para ir ao centro educativo. Si o alumno/a tivera febre ou síntomas compatibles con COVID-19 non deberá asistir ao centro debendo chamar ao seu centro de saúde ou ao teléfono 900 400 116 e avisando simultaneamente ao centro educativo.
08 de maio
Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O horario de atención será de 09:00 as 14:00 horas.
Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato:
do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
24 de abril
AVISO ÁS FAMILIAS
Para corrixir calquera disfunción que se estea a producir, as familias que detecten que nalgunha materia non se estea a producir un contacto periódico ou regular co alumnado (envio e recollida de tarefas, realización de probas telemáticas, contacto co alumnado por correo...), nolo faga saber enviando un correo a ies.eduardo.pondal@edu.xunta.es.
No correo terán que indicar nome e curso da alumna ou alumno, materia e unha breve explicación da situación.
23 de abril
Protocolo de atención a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo adaptado ás actuais circunstancias:
Como norma xeral:
1. Cando se envían tarefas con data de entrega límite, o profesorado ten dúas opcións:
2- Cando se realicen probas telemáticas hai dúas posibilidades:
3- Calquera outra medida que considere o profesorado.
AVISO:
Para corrixir calquera disfunción que na aplicación do protocolo se poida producir, as familias con alumnado con Necesidades específicas de apoio educativo(tdah, dislexia....) que consideren que, a partir de agora, nalgunha materia non se está a seguir o protocolo anteriormente indicado, nolo faga saber enviando un correo a ies.eduardo.pondal@edu.xunta.es.
No correo terán que indicar nome e curso da alumna ou alumno, materia e unha breve explicación do motivo.
22 de abril
Información estatística:
Valoración do alumnado do proceso de ensino-aprendizaxe neste período non presencial
26 de marzo
Pode consultar toda a información relativa á actual situación (avaliacións, ABAU...) actualizada no seguinte enlace.
22 de marzo
O Ministerio de Educación e RTVE lanzan "Aprendemos en casa" para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das clases presenciais. Prema aquí para ver toda a información.
13 de marzo
O sistema de comunicación e información ás familias será a través desta páxina web.
1. PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
2. INSTRUCIÓNS RESPECTO DA ATENCIÓN DO ALUMNADO
O sistema de comunicación do profesorado co alumnado será a través de dúas canles: o correo electrónico corporativo do instituto e a aula virtual. O alumnado deberá estar diariamente pendente desta dúas ferramentas para recibir as propostas de actividades das diferentes materias.
En caso de ter problemas con calquera destas ferramentas, podedes poñervos en contacto co coordinador TIC.
O seu correo é javier.vazquez@ieseduardopondal.org
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |