Infórmate

 

PLAN DIXITAL. ENQUISA SOBRE O USO DE ABALAR MÓBIL

ABALAR MÓBIL é unha ferramenta para a comunicación entre as familias e os centros educativos a través do teléfono móbil. Enmárcase no proxecto Abalar, unha iniciativa de integración das tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa en Galicia.

 A través desta aplicación as familias poden seguir a actividade educativa dos/as fillos/as de forma cómoda e rápida, o que permite aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias.

 Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android . A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise desde Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou desde Play Store (se o sistema operativo é Android).

Cada estudante conta cun perfil propio, o que lle vai a permitir ás familias dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Acceder aos datos persoais

  • Consultar as cualificacións

  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia

  • Consultar as faltas de conduta

  • Solicitar unha cita de titoría

  • Consultar os datos do centro educativo

  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo

  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado

  • Modificar o idioma da aplicación

 No PLAN DIXITAL do IES Eduardo Pondal para o curso 23/24 inclúese o obxectivo de conseguir que a maioría das familias e o profesorado utilice a plataforma ABALAR Móbil para comunicarse no referido á vida académica do alumnado. Dentro das accións a desenvolver para acadar o antedito obxectivo inclúese a elaboración e distribución ás familias dunha enquisa orientada a ter información do uso da aplicación por parte das mesmas e o grao de satisfacción.

 Para obter a información pregamos respondan ao breve cuestionario DISPOÑIBLE no bloque FAMILIAS ubicado no lateral esquerdo da páxina web.

 

 A DIRECCIÓN

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet