Infórmate

 

ASAMBLEA ANUAL DA ANPA

IMPORTANTE!!!.

Programa PIALE:Itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

A profesora Marga Smyth Chamosa está ata mediados de outubro en Sir Robert Borden High School (Ottawa, Canadá) participando no Programa PIALE  para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Pódese consultar as axudas concedidas no seguinte enlace

AUTORIZACIÓNS EXCEPCIONAIS PARA O USO DO TRANSPORTE

Os alumnos e as alumnas que non teñan dereito ao uso do transporte escolar poderán solicitalo con carácter excepcional.

CONDICIÓNS

1- Que haxa prazas baleiras no correspondente autobús

2- Que sexa para unha parada xa existente

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Pódense consultar os libros que recibe cada alumno e cada alumna no seguinte enlace.

AVISO IMPORTANTE: SECCIÓNS BILINGÜES NO CURSO 2017/18

En 3º de ESO e en 4º de ESO non haberá sección bilingüe. Os alumnos e alumnas que solicitaron bioloxía bilingüe terán que mercar o libro en galego, non en inglés.

CALENDARIO INICIO DE CURSO 2017/18

PRESENTACIÓN DE BACHARELATO: 10:30 H

PRESENTACIÓN DE ESO :

    • ENTRADA 12:00 H

Información relativa ás probas extraordinarias de setembro

 2º BAC

 LUNS 4 de setembro: entrega de boletíns as 17:45h

Modificación das Normas de Convivencia do noso centro

A partir do 01 de setembro de 2017 queda prohibido utilizar, manipular ou portar nun sitio visible o móbil, dentro do recinto escolar así como nas instalacións dos lugares que se visiten na realización dunha actividade no exterior, durante as clases, charlas, períodos de lecer e outras actividades. Soamente estará permitido o seu uso coa debida autorización  dun profesor ou dunha profesora.

AVISO SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR

A partir de mañá, día 20 de xuño, os martes e os mércores de forma indefinida está convocada unha folga do transporte por carretera. O transporte escolar está ao 100% dentro do servizos mínimos establecidos, pero queremos avisar ás familias de que se poden producir incidencias imprevistas e  por iso pedimos  que estean pendentes se se altera o normal funcionamento do transporte escolar. Para máis información consúltese a web da Consellería de Educación.

Powered by Drupal - Design by artinet