Infórmate

 

Bolsas e axudas de carácter xeral e de necesidades específicas de apoio educativo

Resolución definitiva da Secretaría Xeral de Universidades de data 3 de maio de 2017, pola que se conceden as bolsas e axudas de carácter xeral e de necesidades específicas de apoio educativo para estudos non universitarios.

Dita resolución está publicada na páxina web de Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e no taboleiro de anuncios desta Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Coruña.

Esta resolución definitiva pon fin á vía administrativa e, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado desde o 4 de maio ata o 5 xuño. O recurso ten que presentarse a través de calquera Rexistro segundo o artigo 16.4 daLei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e dirixido a esta sección de becas.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Xefatura Territorial da Coruña

Sección de Becas

Tel.: 981 184 741/42

Fax: 981 182 230

Powered by Drupal - Design by artinet