Skip to Content

Orientación

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Convocatoria 2017.

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Prazo de inscrición: do 6 ao 15 de febreiro de 2017, ambos incluídos.

Ten máis información sobre as probas de acceso en:http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual ou no Departamento de Orientación.

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Convocatoria 2017

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.


Prazo de inscrición: do 6 ao 15 de febreiro de 2017, ambos incluídos.


Estrutura da proba


A proba divídese en dúas partes:


- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas


- Parte específica:


Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.


Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.


Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.


A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.


No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.


Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.


Lugar de presentación da solicitude


As solicitudes poderanse presentar en calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de Formación Profesional.


Requisitos das persoas participantes:


Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.


Máis información no Departamento de Orientación.

Participación do IES de Poio no Plan Proxecta: "Clases sen fume"

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

CLASES SEN FUME

É un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.

Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante alomenos 6 meses, reforza o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilita a presión de grupo positiva xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e un adulto (titor/a), e reforza a confianza nun mesmo e nos demais, ao tempo que utiliza a recompensa - premio como incentivo.

Este programa forma parte do "Plan Proxecta" da Consellería de Educación.

OBXECTIVO

Evitar o inicio do consumo de tabaco nos mozos e mozas galegos.

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

  • Todos os escolares das aulas de 1º ESO A e D e da materia de Promoción de estilos de visa saúdables (2º ESO A e B) e as súas titoras e profesora da materia comprométense a non fumar durante os 6 meses que dura o programa. Antes do inicio do programa todos os participantes manifestan o seu consumo de tabaco.
  • Elaboración dun slogan, que consistirá nun lema orientado á prevención do tabaquismo, e preferentemente, dirixido a convencer aos mozos e mozas para non comezar a fumar, e que deberá acompañarse dunha representación gráfica orixinal.
  • Desenvolver unha actividade creativa en relación coa prevención do tabaquismo, nalgunhas das seguintes modalidades: deseño de materiais multimedia, anuncio publicitario, canción con baile, obra de teatro, xogos, revista xuvenil, periódico, cómic ou conto.
  • Desenvolver as unidades didácticas relacionadas coa prevención do tabaquismo propostas na guía “A experiencia de educar para a saúde na escola” do “Programa de Prevención do Consumo de Drogas”, para os cursos de 1º ESO A e D e o alumnado de 2º ESO A e B da materia Promoción de estilos de vida saúdables.

 

SEGUEMENTO DO PROGRAMA

  • Charlas de apoio a escolares e asociacións de pais e nais (a demanda).
  • Supervisión das actividades realizadas nas aulas.
  • Avaliación da abstinencia tabáquica a través dunha cooximetría (medición do monóxido de carbono en aire espirado) realizada por os técnicos das Xefaturas territoriais.
  • Cuestionarios de valoración aos escolares e os docentes.

 

PREMIADOS E ACTIVIDADES GAÑADORAS

  • Por sorteo. Realízase un sorteo entre todas as aulas que chegaron ao final do concurso, tendo cumprido todas as actividades obrigatorias.
  • Por un xurado. Integrado pola responsable do proxecto na Dirección Xeral de  Saúde Pública, xunto cos coordinadores do proxecto nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Sanidade, e os representantes da Consellería de Educación.
  • Acto de entrega de premios: Arredor do 31 de maio Dia mundial sen tabaco, entréganse os premios nun acto lúdico presidido polas consellerías de sanidade e educación no que os escolares gañadores mostran as súas actividades.
  • Premios de Innovación educativa: Para os docentes das aulas das actividades gañadoras.

 

1ª XORNADA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA NA UVIGO

O alumnado que acudiu a esta Xornada tivo acceso ás titulacións dos tres campus da Universidade  de Vigo.  Foi por tanto, é unha Xornada  para o alumnado indeciso para o que tivese dúbidas entre varias titulacións ou para estudantes que xa tiñan clara a súa vocación. Aínda que o xoves día 26 de xaneiro o tempo atmósferico non nos acompanou, os deixo estas imaxes .

Convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos

Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017.

Prazo de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2017

Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017.

Prazo de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

BECAS E AXUDAS DO MECD PARA ALUMNADO DE BACH E CICLOS

13/09/2016 09:23
Europe/Madrid

Becas e axudas para alumnado de niveis postobrigatorios (Ciclos e Bacharelato). Non universitarios.

Tramitar no enlace http://www.mecd.gob.es/

Prazo ata o día 03/10/2016.

Requisitos académicos ter accedido no 1º curso , con unha media de 5.5.

Non se concede aoalumnado que repita cursa.

O alumnado de 2º curso, debe ter promocionando no Bacharelato cun máx de 1 materia pendente. No caso de ciclos cun máximo de módulos superados do 85% das horas totais do curso.

Mási información no Dpto. de orientación.

ORIENTA

Engadimos acceso ao programa ORIENTA no que se pode coñecer o perfil profesional e as saídas académicas.

  • Selectividade
  • Ponderación
  • Becas
  • Títulos FP

Orientaline

Distribuir contido


by Dr. Radut