Skip to Content

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Convocatoria 2017

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.


Prazo de inscrición: do 6 ao 15 de febreiro de 2017, ambos incluídos.


Estrutura da proba


A proba divídese en dúas partes:


- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas


- Parte específica:


Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.


Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.


Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.


A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.


No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.


Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.


Lugar de presentación da solicitude


As solicitudes poderanse presentar en calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de Formación Profesional.


Requisitos das persoas participantes:


Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.


Máis información no Departamento de Orientación.



page | by Dr. Radut