Skip to Content

Orientación

PROA 2018

31/01/2018 08:14
Europe/Madrid

INICIO DO PROA: MARTES 6 DE FEBREIRO

HORA: 18:30

REMATE: 20:30 

LUGAR: INSTITUTO

A recollida do alumnado farase na parada sinalada na solicitude de participación.

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

23/01/2018 16:31
Europe/Madrid

Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para á súa realización.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 23 de febreiro e o 9 de marzo de 2018.
  • A proba realizarase o día 20 de abril de 2018 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
 

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización 2018

23/01/2018 16:29
Europe/Madrid

Resolución do 9 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

  • Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

 

CHARLAS TEMÁTICAS IMPARTIDAS POR PROFESORADO DA USC

20/01/2018 09:31
Europe/Madrid

O alumnado de Bacharelato está recibindo varias charlas temáticas impartidas polo profesorado da Universidade de Santiago de Compostela.

O profesor Héctor Rodríguez da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago e da Facultade de Ciencias de Lugo, falou ao alumnado de Física e Química de 1º e de Química de 2º sobre  " A necesidade de estar separando: procesos de separación na industria química".

O profesor  da Escola Politécnica Superior de Enseñaría Juan Ortiz Sanz, foi o relator da charla "Modelado en 3 D de obxectos reais" destinada ao alumnado de Tecnoloxía Industrial I e II e ao de TIC I e II.

O día 23 de xaneiro o alumnado de Bioloxía de 1º  e Bioloxia de 2ª de Bacharelato  participará da charla   impartida por Óscar J. Cordero profesor da Facultade de Bioloxía/CIBUS  sobre "Vacinas para o cancro".

 

PLAN DIRECTOR: CHARLAS SOBRE ACOSO E O CONSUMO DE DROGAS E ALCOL

20/01/2018 09:12
Europe/Madrid

O alumnado da E.S.O recibiu dúas charlas sobre o acoso e o consumo de drogas e alcol .

Estas charlas están incluídas dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

O Plan Director está impulsado desde a delegación do Goberno en galicia e a Alta Inspección.

Campaña de Solidariedade Vial

13/11/2017 14:27
Europe/Madrid

A Policía Local de Poio en colaboración cos Servicios Sociais do Concello de Poio poñen en marcha unha Campaña de Solidariedade Vial, na que se recollen sistemas de retención infantil (sillas, elevadores...) para poder entregarllas ás familias que os necesiten e darlle a formación necesaria para un uso axeitado. Esta campaña dou comezo o día 25 de setembro e rematará o 25 de decembro.

 

     Os sistemas de retención poderán ser entregados nas dependencias da Policía Local sita Praza Mosteiro, 1 - Poio, onde lles facilitarán unha ficha para deixar os seus datos e rexistrar a entrega, ou ben chamando ao 689 575 495.

CONVOCATORIA PROA (reforzo, orientación e apoio) PARA ALUMNADO DE 1º E 2º ESO CURSO 2017/2018

10/11/2017 13:49
Europe/Madrid

Con esta actuación pretendese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades. O alumno destinatario debe estar escolarizado no 1º ou 2º E.S.O. As prazas son limitadas. Para a selección do alumnado terase en conta a situación familiar.

O alumnado elexido dispoñerá de transporte gratuíto para recibir pola tarde dúas horas de reforzo escolar dous días á semana no noso instituto. Máis información a través do teléfono: 886151443

 

 

CHARLA PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO ABAU STEMBRO 2017

03/09/2017 11:27
Europe/Madrid

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

DÍA: mércores 6 de setembro

HORA: das 11:00 ás 12:00 horas

 

FP BÁSICA 17/18

03/09/2017 11:23
Europe/Madrid

RECOLLIDA DA DOCUMENTACIÓN PARA A FP BÁSICA (ORIENTADORA): mércores 6 de setembro

ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN NO CENTRO SOLICITADO PARA CURSAR A FP BÁSICA: ata o 12 de setembro (tope ás 13:00 horas)

LISTAXES DE ADMITIDOS NA FP BÁSICA (nos centros de FP Básica): 13 de setembro

MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO NA FP BÁSICA (no centro de FP Básica): do 13 ao 20 de setembro

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 17/18

24/08/2017 11:00
Europe/Madrid

TRAMITACIÓN: do 13/08/17 ao 28/09/17

A tramitación realízase on line, a través do enlace https://mecd.gob.es

  • Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave da conduta.
  • Axudas para programas comprementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.
Distribuir contido


by Dr. Radut