Skip to Content

Orientación

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2018

17/04/2018 08:05
Europe/Madrid

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do día 17 ao 20 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual#linscrcs

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DE MATERIAS TRONCAIS DE MODALIDADE E MATERIAS DE OPCIÓN DA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

17/04/2018 08:03
Europe/Madrid

Instrucións para a realización, dentro do curso 2017/18, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/19.

17/04/2018 07:58
Europe/Madrid

Instrucións para a realización, dentro do curso 2017/2018, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2018/2019

 

OBRADOIRO IMPARTIDO POLA ASOCIACIÓN FARAXA

10/04/2018 12:52
Europe/Madrid

O luns 9 de abril catro grupos de 3º e un de 4º ESO participaron nun obradoiro impartido por Inés Carballo. Inés forma parte da Asociación Faraxa que traballa pola abolición da prostitución. este obradoiro se inclúe dentro do Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade"autorizado pola Consellería.

O alumnado visionou a curtametraxe "Miente" da directora Isabel de Ocampo gañador do Premio Goya no ano 1999 na categoría de curtametraxe de ficción. Posteriormente realizouse o tratamento do contido en relación á temática presentada. 

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/2018

15/03/2018 20:19
Europe/Madrid

Número e características dos premios 1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios. 2. Cada premio estará dotado con 1.000 €, con cargo á partida orzamentaria 10.50.423A.480.1 do ano 2017 cunha dotación global de 20.000 €.

 Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato. 

O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo, e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotaralle nel a distinción. 

Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional. 

O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2017/18.

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2016/17 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia (DOG do 29 de xuño).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes. A mera presentación da solicitude leva implícita a aceptación plena de todas as bases desta convocatoria e constitúe unha manifestación expresa de que a persoa solicitante reúne os requisitos exixidos para participar no procedemento, así como de que son veraces os datos que consigne nela. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 

CHARLAS INFORMATIVAS ITINERARIOS DE BACHARELATO IES DE POIO

11/03/2018 11:16
Europe/Madrid

Coa finalidade de dar a coñecer a oferta do Bacharelato do IES de Poio para o curso 2018/2019 (modalidades / materias troncais específicas e de libre configuración), a xefatura do Departamento de Orientación dará unha charla no salón de actos para o alumnado de 4º E.S.O e 1º de Bacharelato.

Horarios:

4º B-C ás 12:50 horas

4º A ás 13:40

1º Bacharelato A e B das 16:30 ás 18:10

Resultado de imagen de orientacion académica

PLAN PROXECTA POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE

06/03/2018 12:08
Europe/Madrid

Resultado de imagen de cartas de amor 15 artistas contra a violencia de xénero

O IES de Poio contará coa Exposición “Cartas de Amor” desde o vindeiro día 7 ao 20 de marzo.

Esta exposición gráfica recolle diversas ilustracións de artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. Xunto coa exposición o alumnado de 3º e 4º da ESO participará en obradoiros, charlas e na visualización dunha cortometraxe sobre esta temática. 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

06/03/2018 12:05
Europe/Madrid

Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018

 

Probas de acceso

Inscrición para a proba: 12 - 23 marzo

Publicación das listaxes provisionais: 16 abril

Reclamación contra as listaxes provisionais: 17 – 20 abril

Publicación das listaxes definitivas: 15 maio

Publicación dos centros públicos onde se realizarán as probas cos centros de inscrición que teñen adscritos: 15 maio

 

Celebración da proba: 31 maio

Campus Científicos de Veran 

18/02/2018 12:58
Europe/Madrid

Os Campus Científicos de Veran son unha iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Seu obxectivo principal é o fomento das vocacións científicas dos xóvenes estudantes de 4º ESO e 1º de Bacharelato a través do contacto directo coa actividade cotiá dos investigadores nun ambiente universitario. Todo elo, veráse complementado con actividades culturais, deportivas e de ocio, para que os participantes poidan disfrutar dunha estancia fascinante.

O Programa vai dirixido ao alumnado que se atope cursando no ano académico 2017-2018 ensinanzas do 1º curso de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou 4º curso de E SO na opción de ensinanzas académicas cursando as materias troncais de “Bioloxía e Xeología” e “Física y Química” ou na opción de ensinanzas aplicadas cursando as materias troncais de “Ciencias aplicadas á actividade profesional” e “Tecnoloxía” e que houbesen obtido unha nota media de, alomenos, un 8,5 no pasado curso académico 2016-2017. 

Durante o mes de xullo de 2018 desenrolaranse 4 quendas de participación.

  • Primeira quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 1 ao 7 de  xullo

  • Segunda quenda de estudantes de 1º de Bacharelato: do 8 ao 14 de xullo

  • Primeira quenda de estudantes de 4º de ESO: do 15 ao 21 de xullo

  • Segunda quenda de estudantes de 4º de ESO: do 22 ao 28 de xullo 

    Os interesados en participar nos Campus Científicos de Verano deberán presentar a súa solicitude a través da páxina web www.campuscientificos.es.

Na “Guía de presentación de solicitudes” -dispoñible no apartado de INSTRUCCIONS- poderáse consultar os pasos necesarios para completar o proceso de presentación dunha solicitude.

Os Campus Científicos de Veran 2018 desenvolveránse simultáneamente nos institutos e departamentos de investigación adscritos aos seguintes Campus de Excelencia Internacional (CEI) e/ou Rexional:

 

CEI/CEIR

UNIVERSIDAD

 AD FUTURUM

 OVIEDO

 ANDALUCÍA TECH

 SEVILLA

 ATLÁNTICO TRICONTINENTAL

 LAS PALMAS DE GRAN CANARIA

 BIO TIC GRANADA

 GRANADA

 CYTEMA

 CASTILLA LA-MANCHA

 DO MAR 

 VIGO

 HIDRANATURA

 EXTREMADURA

 MARE NOSTRUM

 MURCIA

 STUDII SALAMANTINI

 SALAMANCA

 TRIANGULAR

 VALLADOLID

 UAM + CSIC

 AUTÓNOMA DE MADRID

 VIDA

 SANTIAGO DE COMPOSTELA

 VLC

 VALENCIA Y POLITÉCNICA DE VALENCIA

Se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018

08/02/2018 08:55
Europe/Madrid

Se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)

  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Distribuir contido


by Dr. Radut