Skip to Content

Orientación

PROBAS ABAU 2017

26/05/2017 13:58
Europe/Madrid

Datas de realización das ABAU: 7-8-9 xuño de 2017

LUGAR: Facultade de Forestais (Campus da Xunqueira-Pontevedra)

Publicación das cualificacións provisionais: 16 de xuño ( a partir das 20:00 horas)

Solicitude de reclamación e ou segunda corrección: 17-20 de xuño

Resolucións das segundas correccións/reclamacións: 22 de xuño

Solicitude de revisión á segunda corrección: 23-27 de xuño (só para os que solicitaron a segunda corrección no prazo do 17-20 de xuño)

Recollida no instituto das tarxetas de cualificacións da ABAU: 22 de xuño

Recollida no instituto das tarxetas de cualificacións con modificacións: 26 de xuño

da resolución das solicitudes de revisión á segunda corrección: 29 de xuño

Preinscripción (solicitude de Graos Universitarios: ata 5 titulacións distintas e a mesma pódese repetir en distintos campus contabilizando como 1 única titulación): 19-30 de xuño

Listaxes de admitidos e prazos de matrícula: a partir do 11 de xullo saen semanalmente. Ollo cos prazos.Unha vez convocado tedes 3 días para realizar a matrícula on line na Universidade agás que estedes en espera en titulacións preferentes (por orde de preferencia).

Para calquera dúbida acudide ao LERDS ubicado na Facultade de Forestais, ou chamndo ao teléfono: 986801949.

Tedes máis información no enlace http://ciug.gal

 

 

CHARLA DO RELATOR DA USC GERMÁN VARGAS

26/05/2017 10:44
Europe/Madrid

Hoxe día 26 de maio, o alumnado do Ciclo Formativo de Grao Medio da familia de Actividades físicas e deportivas recibiu unha charla impartida polo profesor da Universidade de Santiago (USC) Germán Vargas. A temática versou sobre a sostenibilidade "O noso presente e futuro común". Agradecemos ao Programa A Ponte a posibilidade de acercar ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias estas charlas específicas.

CHARLA PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO APLICACIÓN NERTA ABAU 2017

20/05/2017 21:27
Europe/Madrid

O luns día 22 de maio, despois da entrega de notas, o alumnado de 2º de Bacharelato terá no salón de actos do instituto, unha sesión informativa, na que recollerá a información individualizada dos Graos e Ciclos solicitados así como a posterior entrega dos sobres para a inscrición a ABAU e pago de taxas académicas. Farase entrega da oferta de prazas no SUG 2017/2018, horario da ABAU, e datas de interese : cualificacións, período de reclamación /segunda corrección, preinscripción, preasignación de prazas e prazos de matrícula.

Esta sesión complementarase cunha presentación sobre a aplicación NERTA.

CHARLA PARA O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

18/05/2017 22:18
Europe/Madrid

Hoxe xoves día 18 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato recibiu unha charla impartida por

Ricardo Corderí Salgado,Xefe do Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.

O alumnado obtivo información das distintas titulacións que oferta a UVIGO, e outros aspectos de interese académico referidos aos Graos e Dobles Graos (Simultaneidade ).

Agradecemos a sempre boa disposición deste Servizo.

INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO DE ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICO, DE MÚSICA DE DESEÑO E DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN

18/05/2017 22:10
Europe/Madrid

Resolución do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado aos conservatorios superiores de Música para o curso 2017/18.

  • Inscrición dos/as aspirantes ao acceso: A inscrición farase nas secretarías dos conservatorios superiores de Música no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 5 de xuño, ambos os dous incluídos.

Resolución do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2017/18.

  • Inscrición dos/as aspirantes ao acceso: A inscrición farase na secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 12 de xuño, ambos os dous incluídos.

Resolución do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2017/18.

  • Inscrición dos/as aspirantes ao acceso:  A inscrición farase na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeira ou única opción, ou na escola pública á que estea adscrito o centro privado autorizado de deseño correspondente, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 9 de xuño, ambos os dous incluídos.

Resolución do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2017/18.

Inscrición dos/as aspirantes ao acceso: A inscrición farase na secretaría da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 9 de xuño, ambos os dous incluídos.

PUBLICACIÓN DAS SEDES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO E INSTRUCIÓNS

18/05/2017 21:59
Europe/Madrid

As persoas que deixaron a súa solicitude para realizar a proba de acceso a Grao Medio no IES de Poio, ten como sede de realización de dita proba o IES Luís Seoane (Monteporreiro)

No enlace www.edu.xunta.es/fp podes atopar máis información así como as instrucións para realizar ditas probas o día 31 de maio de 2017.

As persoas inscritas deberán presentar o seu DNI/NIE e copia da folla da solicitude de inscrición.

A presentación é as 9:00 horas

A proba se divide en 2 partes:

Das 10:00 ás 13:00 horas (lingua castelá, lingua galega, matemáticas e sociais)

Das  16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía)

 


Probas de acceso a grao superior. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2017

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do día 6 ao 9 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

 

EDUGAL.Sexta edición do Salón da oferta de educación e formación de Galicia.

Do 15 ao 17 de febreiro celébrase unha nova edición, a sexta, do Salón de oferta de educación e formación de Galicia. O evento ten lugar no recinto feiral de Pontevedra.

Ademáis dos expositores, haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira.

Máis información no enlace www.edugal.es

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Convocatoria 2017.

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Prazo de inscrición: do 6 ao 15 de febreiro de 2017, ambos incluídos.

Ten máis información sobre as probas de acceso en:http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual ou no Departamento de Orientación.

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Convocatoria 2017

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.


Prazo de inscrición: do 6 ao 15 de febreiro de 2017, ambos incluídos.


Estrutura da proba


A proba divídese en dúas partes:


- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas


- Parte específica:


Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.


Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.


Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.


A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.


No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.


Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.


Lugar de presentación da solicitude


As solicitudes poderanse presentar en calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con oferta de Formación Profesional.


Requisitos das persoas participantes:


Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.


Máis información no Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut