Skip to Content

Orientación

Orde do 24 de maio de 2018 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/19

10/06/2018 19:56
Europe/Madrid

Orde do 24 de maio de 2018 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2018/19 (DOG núm. 109, do 8 de xuño).

Prazo para presentar solicitudes:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 11 de xuño ao 13 de xullo de 2018.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 11 de xuño ao 8 de agosto de 2018.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo Centro Residencial Docente.

 

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DOS CENTROS ADSCRITOS

09/06/2018 20:54
Europe/Madrid

O martes 5 de xaneiro celebramos unha Xornada de Acollida destinada ao alumnado de 6º de Educación Primaria dos Centros adscritos: CEIP de Viñas, CEIP de Lourido, CEIP Isidora Riestra, CEIP Espedregada e CEIP de Chancelas. Colaboraron na Xornada algúns alumnos escolarizados no 1º curso de ESO procedentes destes centros. O alumnado do CFGM do noso instituto colaborou organizando dinámicas para os 96 alumnos que nos visitaron acompañados dos seus titores e orientadoras.

CHARLA SOBRE O ACCESO Á UNIVERSIDADE E APLICACIÓN NERTA

18/05/2018 07:58
Europe/Madrid

O luns 21 de maio, a xefatura de Orientación desenvolvera unha charla destinada ás familias e o alumnado de 2º de bacharelato. O contido versará sobre toda a información de interese respecto ao acceso á Universidade.

O lugar de celebración será o salón de actos.

16:30 h.: Familias

20:30h. Alumnado de 2 Bacharelato

Instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non cumpran o requisito de titulación (2018)

07/05/2018 17:32
Europe/Madrid

Resolución do 24 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación.

A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 7 de xuño, ambos inclusive:

  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado aos conservatorios superiores de Música para o curso 2018/2019

07/05/2018 17:31
Europe/Madrid

Resolución do 24 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado aos conservatorios superiores de Música para o curso 2018/19.

  • A inscrición farase nas secretarías dos conservatorios superiores de Música no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 13 de xuño, ambos os dous incluídos.

Instrucións para o acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2018/2019

07/05/2018 17:30
Europe/Madrid

Resolución do 24 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2018/19.

  • A inscrición farase na secretaría da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 25 de xuño, ambos os dous incluídos.

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2018/2019

07/05/2018 17:29
Europe/Madrid

Resolución do 24 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2018/19.

  • A inscrición farase na secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 18 de xuño, ambos os dous incluídos

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2018/2019

07/05/2018 17:27
Europe/Madrid

 Resolución do 24 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2018/19.

  • A inscrición farase na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeira ou única opción, ou na escola pública á que estea adscrito o centro privado autorizado de deseño correspondente, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 25 de xuño, ambos os dous incluídos.

OBRADOIRO IGUALDADE(PLAN PROXECTA)

04/05/2018 10:46
Europe/Madrid

O día 20 de abril o alumnado de 3º e 4º ESO participaron nun Obradoiro incluído no Plan Proxecta autorizado . Por 365 días de respecto e igualdade é un Programa da Secretaría Xeral da Igualdade. Destacar a gran labor de Pilar , responsable de dito Obradoiro .

 

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA: VISITA DO ALUMNADO PARA COÑECER ESTA FORMACIÓN

04/05/2018 10:36
Europe/Madrid

O día 10 de abril un grupo de alumnado visitou o IES Montecelo para coñecer a súa oferta educativa de Formación Profesional Básica.

Este centro conta con diferentes perfís .

O alumnado  foi recibido polo director e a orientadora do instituto. Ademais da explicación teórica consistente en saber que é esta formación visitaron os diferentes talleres donde poideron ver "in situ" as actividades desenvolvidas.

Distribuir contido


by Dr. Radut